O BNG denuncia a morte de anciáns en residencia por "deixamento de funcións" da Xunta

Pide un "novo modelo de coidados no país".

Por Europa Press / Redacción | Compostela | 28/10/2021 | Actualizada ás 19:40

Comparte esta noticia

O grupo parlamentario nacionalista criticou a xestión das residencias de maiores públicas, pero concesionadas a empresas privadas, realizada ata o momento pola Xunta de Galicia, que demostrou un "deixamento de funcións" en canto ao "coidado das persoas máis vulnerables".

A nacionalista Olalla Rodil asegurou este xoves na Comisión de Sanidade do Parlamento galego que o Executivo, en base a un informe do Consello de Contas remitido en 2018, "non exerce o labor fiscalizador" que debería.

Segundo explicou a parlamentaria nacionalista, o grupo pon o foco nesta situación por mor dun caso na residencia coruñesa Concepción Arenal, xestionada por Domusvi, e á que se investiga por se non se cumpre o cociente de profesionais de enfermaría, tras o falecemento dunha das usuarias.

Por este motivo, solicitaron "un novo modelo de coidados no país", no que "un paso fundamental é reforzar a rede pública" para "garantir os dereitos fundamentais das persoas e velar porque a Xunta cumpra a normativa vixente". "É moi grave que sexan conscientes disto e non actuen", asegurou Rodil en canto ao informe de Contas.

A este respecto, o director xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, Fernando González Abeijón, encargado de comparecer ante a Comisión de Sanidade defendeu que máis do 60% dos centros xestiónanse con fondos públicos e que, dos 12 privatizados, dez xa eran xestionadas desta forma co BNG no Goberno.

"Piden xestión publica, pero cando gobernan privatizan, como o centro a cargo da Deputación de Lugo ou o de Ribadeo; así como o Servizo de Axuda non Fogar de Pontevedra", asegurou Abeijón, que censurou que as palabras e os feitos dos nacionalistas vaian por lugares diferentes. "Utilizan politicamente aos usuarios, as residencias e as familias. Aos usuarios interésalles dispor dun servizo de calidade, non quen llo preste", asegurou.

Residencia de maiores. XUNTA - Arquivo
Residencia de maiores. XUNTA - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta