A Xunta pretende crear 37 centros de saúde segundo o seu novo plan de infraestruturas do Sergas

Ademais diso, iniciará obras de reformas noutros catorce centros.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 29/10/2021 | Actualizada ás 14:54

Comparte esta noticia

O Goberno galego aprobou este venres o novo plan de infraestruturas de Atención Primaria do Servizo Galego de Saúde (Sergas), que permitirá crear 37 novos centros de saúde e reformar outros 14. En total, actuarase en instalacións que atenden a 650.000 cidadáns, sobre "o 25 por cento da poboación".

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, preside a reunión do Consello do 29 de outubro de 2021.. XUNTA
O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, preside a reunión do Consello do 29 de outubro de 2021.. XUNTA | Fonte: Europa Press

"Un de cada catro galegos terá un novo centro de saúde ou centros de saúde reformados", afirmou o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo.

O plan de infraestruturas de Atención Primaria buscará "dar un paso adiante" para "finalizar o novo mapa de centros de saúde de Galicia" cun total de 51 actuacións que estarán priorizadas --dixo o mandatario autonómico-- por criterios "técnicos e asistenciais" como a antigüidade das instalacións, o seu estado de conservación e as carencias operativas que mostren.

As distintas obras que contempla esta folla de ruta disporanse en tres fases distintas. Na chamada 'fase 0' figuran 10 actuacións cuxa tramitación xa arrincou: nove centros novos --Abegondo, Santa Lucía na Coruña, Antas de Ulla, A Rúa, Moaña, Soutomaior, Vilagarcía e os centros integrais de saúde (CIS) de Ourense e Vigo-- e a reforma dun centro de saúde --o de Conxo, en Santiago--.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Ángel Lado

Pois non habendo persoal, o mais sensato, unha vez que temos mellores comunicacións (por carretera e telefónicas), é a desaparición dos consultorios periféricos que impiden o traballo en equipo e crean problemas á hora da cobertura. O único impedimento para esta medida racional é a política local de algún pequenos concellos.7