A prisión o veciño de Coristanco acusado de tentar matar á súa muller

Vén de recibir unha pena de 16 anos e medio.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/11/2021 | Actualizada ás 13:37

Comparte esta noticia

Un home veciño de Coristanco acusado de maltratar e tentar matar á súa esposa aceptou 16 anos e medio de prisión, pena que pedía o Ministerio Fiscal, durante o xuízo que se celebrou este martes na Audiencia Provincial da Coruña. Segundo recolle o escrito da Fiscalía, a convivencia familiar era "absolutamente insoportable" desde hai anos, pero a situación agravouse a partir de 2020, cando o procesado "acusaba á súa esposa de manter relacións con outros homes, polo que a insultaba reiteradamente".

O home ameazouna de morte en varias ocasións e díxolle que a mandaría "ao cemiterio". Chegou a agredila fisicamente e en agosto de 2020 perseguiu á vítima que fuxira do domicilio familiar coa súa nai. A trinta metros e xusto diante da vivenda dunha veciña, o agresor deulle alcance e "meteulle unha coitelada á altura do esternón".

O acusado foi condenado a nove anos e medio de prisión por un delito de intento de homicidio, a tres anos por malos tratos habituais, a dous anos por ameazas e a dous anos por dous delitos de lesións. O procesado deberá, ademais, indemnizar á vítima con máis de 40.000 euros e permanecer a máis de dous quilómetros dela durante máis de 19 anos.

Xulgados de Santiago de Compostela. EUROPA PRESS - Arquivo
Xulgados de Santiago de Compostela. EUROPA PRESS - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta