Nada....non hai remedio. Os que acusan a outros de sectarios, non paran de repetir os mesmos mantras ano tras ano, curioso non si? Critican as formas da UPG e se meten na cama coa FPG que deixou o BNG por que era moi morno. Máis curiosidades. Alíanse co PCE que é posiblemente o PC occidental máis ríxido na disciplina interna e que non atura disidencias..Se ata chegaron a expulsar a Carrillo e a Pasionaria!! Deputada galega? Si..como Carmen Fraga e Antolín Sánchez. Nunha lista e nun partido estatalista...cando entremos en conflicto (e entraremos) cos asteleiros e agricultura andaluzas...xa veremos o que fai a "deputada galega".
Matices, dos membros do PCLN do 86 que abandonara a UPG, a dia de hoxe, hai mais persoas no BNG que na FPG. O PCE a nivel de disciplina é moi mol, vexa-se Estremadura coma exemplo, e como contrapartida o PCP ou ΚΚΕ. E xa nas anteriores eleccións europeas, un deputado que saiu nas listas de IU, integrou-se no grupo dos Grupo dos Verdes-Alianza Libre Europea (Verdes/ALE), na que se integrou o BNG. A COAG é umha confederación na qual há organizacións mais ou menos nacionalistas coma Unió de Pagesos ou Euskal Herriko Nekazarien Elkartasuna; e se a COAG considera-se española, Los Verdes tamén, e nenguén dixo nada cando o BNG foi coaligado con eles hai 4 anos.
Non te vaias polas pólas. Na FPG están os que consideraban moi morno ó BNG. Non podían vivir con elo e por iso se foron. Os comunistas, o único que lles interesa é o poder. Se teñen que traizoar, pois fanno. Apenas poden disimulalo en Galiza (nas autonómicas, AGE non presentaba candidato a Xunta, pero eu vin carteis de Yoli en Pontevedra). Total, quen os que os critican son feixistas e contrarevolucionarios. Coaligados...seguides sen entendelo, verdade? O BNG meteuse na lista de Los Verdes? Ou quizais cos COAG? Tragou co programa para ser aceptado? pagaronlle a campaña? Dixeronlles onde os colocaban? O BNG ALÍASE con outra forza. Segue mantendo a independencia e integridade coma forza política. ANOVA SE INTEGRA NA lista de outra. Vai onde outros queren, na lista de outros, co programa de outros, e cos cartos de outros, polo tanto, os que mandan.
Que na tua casa fagas as cousas dun xeito, non significa que os demais as fagan do mesmo: ICV, apresentou-se por IU, con programa proprio, e integrando-se nos Verdes-ALE, e non é unha hipótese, foi o que pasou nas anteriores eleccións. Os de Anova non sei que pactaran nen como nen por qué, mas se van así, para min, non deixaron de ser nada. Tampouco escoite-lles falar de integrar-se en IU, mas ben todo o contrario, xa somos grandes para confundir ir nunhas listas coa integración orgánica (ou temos que preguntar-lle a Bildu ou CiU?).
ICV é unha franquicia do PCE. O mesmo que quere facer de AGE en Galiza. Non sabes que pactarán? Da o mesmo...Se van nas listas do PCE, terán que acomodarse ó PCE: elixen o posto, poñen os cartos, a infraestructura..e o programa NON o CONSULTARON con AGE, verdade? Poñerán algunhas vaguedades sobre Galiza e a correr. Que non se van integrar no PCE? Xa foron nas autonómicas, van nas Europeas e nas municipais, a FPG vai mover Roma con Santiago para ir...Mariano Abalo LEVA ANOS facendoo en Cangas. Despois de 3 eleccións xuntos...pretendes dicir que ANOVA terá vida independente do PCE? Si..no mellor dos casos, partida en dous: uns no PCE e un residuo por ahí flotando chamado ANOVA(r). Ti segue enganándote, pero non pretendas enganarme a min. Deixa a integración orgánica...ANOVA non ten entidade para iso...chámalo absorción.
Por unha banda a tua absoluta ignorancia sobre ICV e a sua relación con IU (por certo, IU no Principat é EUiA). Demostrei que ICV apresentou-se con programa próprio e ti repites que eso é imposible que o faga Anova porque ti o decides así, ignorando que eso xa se produciu. A FPG leva anos en Cangas apostando por ACE, mas desde o BNG estivechedes ben caladiños ate que xurdiu AGE, se antes do 2011 non era criticable, hoxe non tedes argumentos, a non ser que defendades que Cangas non é Galiza. CiU levan 30 anos concurrindo xuntos ás elección, e non son a mesma organización, o mesmo pasaba ate hai pouco entre UPN e o PP, e logo romperon. Non nego que Anova poida rematar integrada en IU, mas a dia de hoxe, non o está.
A ver rapaz...non o decido eu. Eu non decido nada. Afortunadamente nin simpatizo nin con ANOVA nin co PCE. Dou a miña opinión. Dentro de 1 ano vemos o das municipais. E o estado da "coalición" AGE. A FPG aposta por que?? Non machiño...Mariano Abalo chegou a ser Alcalde de Cangas. E despois de case TRINTA ANOS de concelleiro, o PCE é o único que o atura o suficente para permitirlle recuncar unha lexislatura tras otra...A única ideoloxía da ACE en Cangas son os CARTIÑOS (menudo colchón debe ter o Abalo). Que agora a queren engalanar e darlle brillo? Que o fagan. Non compares. ANOVA vai quedar como o cazapa.vos nacionalistas...Co nihil obstat do PCE por suposto. Pos exemplos moi bonitos...te recordo que nin ano e medio, ANOVA non existía? Aparte chama a atención que menciones partidos de dereitas...Partidos que teñen unha DISCIPLINA interna que, nin de lonxe, ANOVA terá nunca.
Xa se está vendo....Basta unha votación para que, uns vaian por un lado e os outros por outro. Iso sen contar coas purgas (por lo visto algunhas en CANGAS...U-la ACE, rapaz? Iso é a ACE?) e a dirección en cadro. Pasou isto coa UPN? Pasa isto con CiU? Sabes cal é a diferenza? Estes partidos están compostos por adultos (amorais ou honestos) e ANOVA por nenos malcriados que se non conseguen o xoguete comezan a patalexar e botarlle a culpa a calqueira. Sobre todo a UPG. E iso que levan fora 2 anos do BNG e vanse a unir con persoas que nin aturan disidencias (PCE) e con xente que considera que o BNG son moi febles. Home, por favor!!
A Mariano Abalo os que o soportan son os que o votan en Cangas desde hai 30 anos, e recoñezo que a min me sorprende e moito, mas todo o que dis non explica porque as acusacións que lles fas a AGE non se lle fixeron antes a ACE, sendo basicamente o mesmo. E nese periodo participou con outras organización independentistas, que tampouco dixeron nada. E mira que a FPG é moi criticable por multiples motivos. Podo por exemplos de esquerda, Bildu/Amaiur sen ir mais lonxe, ou a antiga HB; ou mesmamente IU; ou o BNG ou as CUP/AE. Cheganche os exemplos de organizacións que se din de esquerdas? O que será de Anova ou de AGE de aqui a un ano non teño nen idea, mas hoxe en dia, creo que seguen a defender a auto-organización, que é onde eu poño a liña do nacionalismo.
A "nova política" de AGE é o mesmo que ACE, que, elección tras elección, perde votos en Cangas e o PP cada vez consegue máis maioría? Según ti, iso é o que aspira AGE? Acusacións? Hai intervencións miñas falando de Mariano. É igual...a quen lle importa ACE? En Cangas cada vez menos e non digamos no resto de Galicia. Confundir descoñecemento/indiferencia por aceptación, faicho mirar. AGE recolle o voto de castigo o SOE e BNG axudado pola dereita mediática por que nin o PCE nin ANOVA teñen bases sólidas e poden ser eliminados cando non interesen. Así de sinxelo. Os cabalos de Troia existen dende hai tempo. E se o SOE ou o BNG mellora, bye-bye AGE. Auto-organización? Coma CIDADÁN, impórtame unha m.rda como sexa a organización dun partido. Quero xente HONESTA que resolvan os problemas que ten a sociedade. Non entendedes nada. Os vosos problemas, nin me interesan, nin interesan o 98% da xente. Se ti vas con eses problemas e con debates estúpidos, desapareceredes.
As mentiras repetidas, son cansinas. Mirei os resultados electorais en Cangas, e mentres que ACE (ou os seus membros) pasaron de 1895 votos no 2003 a 1744 no 2011 (-146), o BNG perdeu 1/3 dos seus votos (-1324). Descoñecemento é cando non se sabe algo e indiferenza cando non te importa, xa que falas de organización cataláns, o teu é descoñecemento. E ignorancia é cando confundes o principio de auto-organización dun pobo con como se organiza un partido, mas es ti libre de decidir o que sabes e o que non queres saber. Tes razón en que a xente lles debería interesar que as institucións lles axuden a solucionar os seus problemas reais, logo aplícate o conto a unha sociedade onde o 80% declárase non-nacionalista. Sego sen ser adiviño, mas en Maio, veremos como saen os resultados e en 14 meses as municipais, e entón veremos como van indo as cousas. E nin milito nin simpatizo con AGE, nin co BNG, nin con IU e moito menos cos seus talibans.
Para que segues? Mentira? "que ACE, que, elección tras elección, perde votos en Cangas" Iso escribín. Vas ti, dasme a razón e acusasme de mentir? Menuda pifia, rapaz. Non contento con isto, cando menciono o da ignorancia, fagoo por que sacas peito por que ACE non foi criticada a nivel galego, non por organizacións catalás. A esto vos dedicades? Uns din unha cousa, outros outra e así pasades o tempo? 80% non nacionalista? Que me dis? En serio? E non comunista, cantos? 95%? Sen embargo, según vos, sodes o futuro e a vangarda por iso vos metedes co PCE e coa FPG que salvo en Cangas, non lles votan nin as suas familias. Moi ben pensado..E a solución para acercarse os non nacionalistas non será moderar a mensaxe? Pero iso é inaceptable, non? Mariano Abalo é un político FRACASADO. Unha NULIDADE. Intentará recuncar outros 4 anos que é o que lle interesa (30-40 mil/ano é un motivo "político" moi poderoso). O PP encantado por que con el, terán maioría absoluta para sempre.
Claro...non simpatizas con AGE. Por iso buscas os resultados de Cangas (por que se o sabes de memoria é para preocuparse) e intentas xustificar á nulidade de Mariano Abalo. Dende a irrupción deste tipo en Cangas hai uns 23 anos, o PP gobernou cantos? 13 anos? 15? Tamén te lías nunha conversa dunha semana comigo. En maio? Tendo en conta que se espera unha abstención de 50-55%, pois que queres...Non fai falla ser adiviño. Tampouco para ver se en 1 ano, os de AGE se andan a matar entre eles, en un ano máis, nin te conto. E se non é así, xa que sodes o xoguete da dereita mediática, se subides moito o mellor vos cortan as ás. Outra cousa..dende cando hai que coller turno para criticar? Critico se quero e se me parece e cando me apetece. Non necesito que ti me deas a vez coma na chacinería.
Non estou unha semana nunha conversa, só foron 10 minutos entre 10.080, mas tes razón contigo é unha perda de tempo. De onde non hai non se pode sacar. Vai pola sombra.
Que pasou rapaz? Enfadascheste e agora non respiras? Algo moi propio dos de ANOVA e similares. Verdadeiros kamikaces para maior gloria do PP. Ou foi por que retratei a Mariano Abalo como o que é? Un exemplo de FRACASADO na política...por que na economía, 24 anos a 30-40 mil €/ano é todo un fenómeno. Ah...e un verdadeiro talibán (ainda que dis que non te gostan). Que lle queres...será que son enxeñeiro. A min contrátanme para solucionar problemas e traballar. Non para crear problemas nin debater múltiples solucións indefinidamente nin para falar dos problemas da miña empresa..Aínda que ti creas que o mundo funciona como ti dis. Os parados, os que non poden dar de comer os seus fillos, os xoves...están pendentes de se en Redondela botan a 4 gatos e na rúa non se para de falar sobre quen é millor, se Lidia ou Martiño, para as listas do PCE as Europeas.