O alcalde de Ponte Caldelas, o socialista Andrés Díaz, anuncia que se presentará ás próximas municipais

Di querer "seguir apostando por continuar mellorando a calidade de vida no rural".

Por E.P. | Ponte Caldelas | 08/11/2021 | Actualizada ás 21:00

Comparte esta noticia

O alcalde de Ponte Caldelas (Pontevedra), Andrés Díaz Sobral (PSdeG), avanzou este luns a súa intención de volver presentarse ás eleccións de 2023 coa intención de poder concluír os proxectos "ilusionantes" que ten pendentes.

Andrés Díaz, alcalde socialista de Ponte Caldelas
Andrés Díaz, alcalde socialista de Ponte Caldelas | Fonte: Pontevedraviva.com

Aínda que falta aínda ano e medio para os comicios, a intención foi ratificada este luns posto que quere "seguir apostando por continuar mellorando a calidade de vida no rural".

Díaz Sobral é coñecido, entre outras cuestións, porque durante o confinamento se ocupou persoalmente subido a unha furgoneta de repartir alimentos, medicamentos e deberes entre os veciños de Ponte Caldelas, mesmo, din os seus colaboradores, levou algunha "torta de aniversarios".

A súa vocación vénlle xa desde a súa época como casco azul en Bosnia nos anos 90, como sostén a súa contorna. Por iso, a súa xente destaca del que o rexedor deixou o seu despacho e o teletraballo no máis duro da pandemia para participar na repartición de todo tipo de produtos, así como colaborar na confección e distribución das máscaras.

Doutra banda, Díaz seguirá "loitando para sacar adiante o proxecto da estación termal", despois de conseguir recuperar os terreos, en mans do coñecido como 'banco malo' (a Sareb) dun antigo edificio termal do ano 1900, que quedou abandonado despois dun proxecto que non chegou a frutificar.

Para o rexedor, trátase dun proxecto para "dar impulso económico e turístico" ao concello. "Se os votantes queren, compartiremos máis anos de traballo, dedicación e amor por Ponte Caldelas", subliñou este luns.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Xosé

Pareceme ben que queira recuncar, pero debería aclarar baixo que siglas, non sexa que os seus xefes actuáis non conten con él e teña que artellar unha candidatura independente ou presentarse baixo outras siglas, visto o visto🤣🤣🤣🤣