O persoal funcionario da Xunta reclama a dimisión do director xeral de Función Pública

Convocan unha protesta o vindeiro xoves ante o edificio administrativo de Monelos, na Coruña.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/11/2021 | Actualizada ás 16:45

Comparte esta noticia

As cinco xuntas de persoal funcionario da Xunta reclamaron a dimisión do director xeral de Función Pública, José María Barreiro, pola súa "incapacidade" na xestión de concursos de traslados e procesos selectivos. Os representantes do persoal denuncian que a tramitación de procesos selectivos "é máis unha carreira de obstáculos que un proceso de promoción".

En concreto refírense ás probas de acceso ao grupo C2, onde constataron o desequilibrio entre o temario disposto, do que 32 e 40 preguntas se centraron sobre folla de cálculo e só 8 sobre o resto, con enunciados "excesivamente complexos" e fórmulas ligadas a un nivel superior ao que ten que desenvolver ese persoal. "Deixáronse vacantes máis da metade das prazas convocadas e no libre foi a culminación do desacerto", consideraron, para advertir de que existen precedentes noutros procesos.

Doutra banda, denuncian os problemas en materia de concurso de traslados, afectado por unha "parálise" que "prexudica económica e profesionalmente ás persoas que solicitaron participar" e aos propios usuarios dos servizos públicos. Todo iso, engaden, xunto outra serie de cuestións que van cumprir "unha década" sen resolución. Así, acordaron solicitar a dimisión ou destitución do actual director Xeral da Función Pública, e convocaron unha concentración na Coruña o 18 de novembro, ás 11,00 horas, ante o Edificio Administrativo de Monelos.

Concentración de persoal funcionariado na Xunta en San Caetano
Concentración de persoal funcionariado na Xunta en San Caetano | Fonte: arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta