Queres saber cales son os novos destinos ofertados para viaxar desde Alvedro?

Son cinco, tanto para o estranxeiro, como para as illas ou a Península.

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 12/11/2021 | Actualizada ás 12:02

Comparte esta noticia

Londres, París, Valencia, Málaga e Gran Canaria son os destinos ofertados polas compañías aéreas no concurso de promoción turística convocado polo consistorio coruñés.

Así o adiantado nun comunicado, no que destaca o "interese" das compañías aéreas por participar no concurso aberto polo concello para a promoción do tráfico de pasaxeiros turístico e de negocios na cidade.

Sobre esta cuestión, a alcaldesa, Inés Rey, apela á necesidade de esperar ao desenvolvemento de todo o trámite administrativo para poder confirmar oficialmente a posta en marcha dos novos destinos.

De confirmarse estas propostas, A Coruña tería tres novas conexións nacionais e tres internacionais que, segundo a rexedora "permitirán comezar a situar a cidade e o aeroporto de Alvedro no lugar que lles corresponde".

Aeroporto da Coruña / Europa Press. / Europa Press
Aeroporto da Coruña / Europa Press. / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta