Descartan que a crise de Ukraína afecte ao prezo dos cereais no agro galego

O sector gandeiro galego aliméntase, basicamente, de millo e soia transxénicos producidos en América.

Por GCAgro | Santiago de Compostela | 14/03/2014 | Actualizada ás 12:30

Comparte esta noticia

D.G. Lonxe do que se ven rumoreando estes días, a crise que vive Ukraína, un dos principais produtores de cereais do mundo, non parece que vaia afectar ao sector gandeiro galego, altamente dependente da importación de pensos e cereais.

Xabier Santiso, responsábel de gandeiría do SLG
Xabier Santiso, responsábel de gandeiría do SLG

En declaracións a GcAgro, Xabier Gómez Santiso, coordinador dos sectores gandeiros do Sindicato Labrego Galego (SLG), subliña que "o sector gandeiro galego aliméntase, basicamente, de  millo e soia transxénicos producidos en América".

"Eu non teño constancia dese incremento do prezo dos cereais, agás trigo e centeo, que non se usan na alimentación animal", asegura. De tódolos xeitos, o responsable do SLG, afirma que "ao sector gandeiro galego non lle debería afectar a crise na Ucraína, xa que levamos seis meses cos cereais á baixa sen que significara un só céntimo de baixada nos custes do penso ou das mezclas". Unha marxe de beneficio extra que, segundo denuncia,  "repercute, coma sempre, nas comerciais de alimentación e nas cooperativas, non na xente das explotacións".

"Os prezos dos cereais son especulativos e non teñen que ver moito coa produción nin coas secas"

Por outra banda,  Xabier Gómez Santiso, salienta que "os prezos dos cereais son especulativos, e non teñen moito que ver coa produción nin coas secas". Ademais, lembra que "os cereais de inverno, que son os que produce Ucraína, seméntanse no outono-inverno e apáñanse no verán, polo que a crise con Rusia afectaría, en todo caso, á campaña que vén e influiría no prezo en outono de 2014 se fose o caso de que en Ucraína non sementaran por mor da crise, que non sei se é certo".

A crise de Ukraina non parece que vaia afectar aos prezos dos cereais en Galicia
A crise de Ukraina non parece que vaia afectar aos prezos dos cereais en Galicia | Fonte: RTVE

O coordinador dos sectores gandeiros do SLG conclúe que  "basicamente, os prezos dos cereais ponos CARGILL na bolsa de Chicago e non as searas de Ukraina ou de Rusia".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

3 Que peniña SLG

Non aos despidos improcedentes de L. Senra.

2 Pasado

SLG: bonita foto, e bonito pasado. Do resto, nada de nada.

1 autodefensagalega

sementadores da alarma tranxenica que metedura de pata mais gorda... o sexa que a santa xoana dos tranxenicos a tapada das "vieiras" que por certo menudo lio que teñen na confección das lists de izquierda unidera seitor Laparadas gamazares que pode ser que retrocedan dous puntos os *vierastas nas listas esas de contratación... pero digo que barbaridade o do que O GANDO GALEGO ESTA ALIMENTADO CON TRANXENICOS.... que pretenden afundir o agro galego os *vieiristas! VIDEO DA GUERRA DE CRIMEA https://www.youtube.com/watch?v=XnC...