Un helicóptero do 061 fere a un home tras unha aterraxe para socorrer a outro

Ao final, tivo que evacuar ao home que feriu tras ser golpeado por unha mesa que saíu voando polo

Por Galicia Confidencial | O Rosal | 15/11/2021 | Actualizada ás 14:33

Comparte esta noticia

Un helicóptero do 061 foi o protagonista este domingo dun insólito suceso na romaría de San Martiño, no Rosal. O aparello foi chamado para atender a un dos romeiros que tivera unha indisposición. Eran sobre as 14.00 horas e o lugar onde se celebraba a feira estaba ateigado de xente.

Helicóptero do 061 nunha urxencia sanitaria
Helicóptero do 061 nunha urxencia sanitaria | Fonte: Infominho

O helicóptero, tal e como informa Infominho,  aterrou no mesmo campo da feira o que provocou que o vento das hélices empurrara unha mesa que golpeou violentamente a outro dos asistentes á romaría. Deste xeito, a situación médica complicouse.

Finalmente, decidiuse trasladar ao ferido polo impacto da mesa e non ao outro que foi evacuado na pickup de Protección Civil do Roseira e trasladado posteriormente en ambulancia á PAC da Guarda.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta