Temas: MOCIDADE NADAL

Pontevedra tentará un ano máis que ningún neno en risco de exclusión social quede sen agasallo de Nadal

Por Galicia Confidencial | Pontevedra | 19/11/2021 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

Unha nova edición da campaña (en)Volve tentará en Pontevedra que "ningún neno, nena ou adolescente de Pontevedra en situación ou risco de exclusión social quede sen o seu agasallo de Nadal". Trátase dunha iniciativa posta en marcha pola Concellería de Benestar Social en colaboración coa Fundación Meniños.

As bonecas son o regalo preferido este Nadal
As bonecas son o regalo preferido este Nadal | Fonte: muñecalandia.com

Nesta nova edición, como na anterior, explicou o concelleiro Marcos Rey que debido á situación sanitaria só se enviarán cartas vía whatsapp para evitar o contacto presencial coas familias ata o momento da entrega dos agasallos. Ademais, a campaña comeza con antelación para facilitar que sexa "segura para tódalas persoas implicadas".

Segundo destacou Marcos Rey, para participar na iniciativa é preciso escoller un agasallo entre os tres que figuran na carta e que non deberá superar en ningún caso os 40 euros. Unha vez mercado o agasallo haberá que remitilo á Casa Azul nun prazo máximo de dúas semanas trala recepción da carta, traendo o número da carta xunto co agasallo e o tícket (por se estivera defectouso e houbera que cambialo). Dende o Concello de Pontevedra animan a mercar os agasallos no comercio local.

Temas: MOCIDADE NADAL
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta