"No puedo votar al Psoe esta vez porque al que no votaría bajo ningún concepto es al nacionalismo."
Ti jesús, non sabes o que estás a votar. Non o sabes. Hoxe en día, o maior partido nacionalista non é ERC, PNV...é o PP. Nacionalismo español para ser mais exactos. E ti o vas votar.
Mira, Jesús, eu vivo en Galicia, e creo, modestamente, que teño mais idea do que pasa aquí ca ti. Vin o suficiente para non considerar o PP de Galicia como un partido democrático. Un partido que manipula votos, que cambia as leis para que o favorezcan, que converteu a Galicia nunha confederación de reinos de taifas onde mandaban os comisarios políticos do PP. Esto é o que pasa.
Que non vai volver a gobernar...teño razón. Mira, vouche contar unha anécdota: cando chegaban as elección e preguntaban as persoas a quen ían votar, moita xente dos pobos, decían: "eu voto a fraga" ou "Eu voto a fraga por que era ministro de Franco" (En pleno s. XXI). Por iso rematei a anterior intervención dicindo que Fraga xa non estaba. A xente non vai a votar a Albertiño, a unha persoa que cando da un mitin lle preguntan quen demo é. A unha persoa que os seus propios alcaldes lle din "podemos aguantar 4 anos, mais non". O futuro do PP en Galicia, mal que te pese, estará entre o 30-35 % dos votos, no mellor dos casos. E iso, non da para gobernar. Non é sectarismo.
Mira, non teño unha bola máxica nin son adiviño, pero creo que estou mais cerca da realidade ca ti.
En canto o BNG, pois mira pregúntalle a túa adorada Espe sobre os seus movementos para que no 2005, o PP de Galicia votara como presidente da Xunta a Anxo Quintana en vez do candidato do PSOE. Quería face-lo que fixo en madrid pero en versión galega.
Lagaitaenlacabeza, polo que vexo..supoño que eres votante do PSOE. Mira a ti che da medo ó BNG, a min dame medo as persoas que se proclaman "jacobitas". Supoño que querrás decir "jacobinos". Os jacobinos foron unha facción na Revolución Francesa, ó mando de Robespierre, que se caracterizou pola implantación do Terror é a eliminación dos que non pensaban como eles. Os Jacobitas erán os seguidores de Jacobo Estuardo, que querían poñelo no trono de Gran Bretaña a principios do s. XVIII.
"Yo soy jacobino (¿¿??), de izquierdas, y orgulloso de serlo, quiero un estado fuerte, solidario y redistributivo"
Solidario e redistributivo???O PSOE??O mesmo partido, xunto có PP, que manda as inversións para a costa Mediterránea e se olvida da atlántica??O mesmo partido que move o que faga falta para solucionar calquera problema que lle pase a Andalucía e cando lle pasa a Galicia miran para outro lado??Por favor...Ti es como os indios americanos que daban ouro a cambio de cristales de cores. Ti das o teu voto, e Zapatero e compañía te prometen o que sexa (que por suposto non pensan cumprir).En fin..así nos vai.