O PP defende o uso de tanquetas en protestas: "son para abrir paso aos antidisturbios"

Acusa a Yolanda Díaz de "escurrir o vulto".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/11/2021 | Actualizada ás 14:26

Comparte esta noticia

O vicesecretario de Participación do PP, Jaime de Olano, xustificou o uso da tanqueta nas protestas da folga do metal en Cádiz e acusou á vicepresidenta segunda do Goberno, Yolanda Díaz, de "escurrir o vulto" tras pedir que se retire este vehículo.

A preguntas dos xornalistas, coincidindo coa súa presenza nun acto da Plataforma 'Non á España Insegura', Olano argumentou que este vehículo "se usa unicamente e exclusivamente para abrir paso aos antidisturbios e disolver as barricadas que poidan pór os violentos".

Tamén acusou á ministra de Traballo de "escurir o vulto da súa responsabilidade que é xerar emprego, xerar oportunidadades para eses traballadores que protestan". "E, con todo, insinúa que a Policia utiliza medios cuasimilitares".

"Esa tanqueta é de uso civil e só leva unha pa diante para disolver ou destruír as posibles barricadas que non só impiden o paso das Forzas e Corpos de Seguridade e cortan tráfico nas cidades", dixo incidindo en que "afectan o desenvolvemento da vida normal dos cidadáns".

Tanqueta da Policía diríxese a unha manifestación
Tanqueta da Policía diríxese a unha manifestación | Fonte: RTVE

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

O de menos é a tanqueta. ¿Por que non escoitamos á Ministra de Traballo abrir a boca cando a Mariña estaba i está en folga xeral pelexando polos postos de traballo en Alcoa? Yolanda xa non lembra os votos apañados en Pontevedra para chegar ao Congreso ? Os galegos desaparecemos cando pasamos o Padornelo ?