A Xunta amplía a corentena pola praga dos cítricos a 203 concellos galegos

A gran maioría deles están situados na Coruña e Pontevedra.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/11/2021 | Actualizada ás 18:39

Comparte esta noticia

A Xunta ampliou á práctica totalidade das provincias de Pontevedra e A Coruña, ao norte de Lugo e a algúns de Ourense a zona de corentena pola praga da Trioza erytreae Do Guercio, máis coñecida a psila africana dos cítricos.

A ampliación da zona de corentena sae publicada este xoves no Diario Oficial de Galicia (DOG), que recolle unha orde da Consellería do Medio Rural. En total, a medida afecta a un total de 203 concellos das catro provincias galegas, a gran maioría situados na Coruña e Pontevedra.

De feito, os 93 municipios da provincia da Coruña están declarados zona de corentena pola incidencia deste parasito, orixinario de África e que foi detectado por primeira vez en Galicia no ano 2014.

En Lugo hai 24 municipios afectados pola corentena, aínda que só nunha decena a medida está decretada para todo o termo municipal, mentres que no resto está focalizada en determinadas parroquias. Pola súa banda, en Ourense son 22 os concellos afectados --todos das comarcas do Carbilliño, O Ribeiro e Terra de Celanova-- e en Pontevedra, 59.

Follas danadas pola psila africana
Follas danadas pola psila africana | Fonte: arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta