Xosé María Díaz Castro, homenaxeado en Ourense

Presentan unha nova edición do libro 'Nimbos' do homenaxeado no Día das Letras.

Por Galicia Confidencial | O Irixo | 24/03/2014 | Actualizada ás 20:15

Comparte esta noticia

A presentación da nova edición de 'Nimbos' de Xosé María Díaz Castro, serviu como escusa para a realización, este luns, dunha homenaxe ao autor do Día das Letras Galegas 2014. O acto tiña previsto realizarse na Ínsua dos Poetas pero, debido a chuvia, trasladouse ao Auditorio Municipal do Carballiño. 

O acto contou cunha ofrenda floral no monumento 'Nimbos de luz' do escultor Xosé Cid
O acto contou cunha ofrenda floral no monumento 'Nimbos de luz' do escultor Xosé Cid

A obra, preparada por Luís González Tosar, conta coas escollas que o poeta deixara fixadas na que foi a derradeira edición do poemario por el revisada e publicada por Galaxia en 1989.

No acto participaron Armando Requeixo, autor de 'Xosé María Díaz Castro. Vida e obra, Luís González Tosar'; responsable da edición de Nimbos; Xesús Alonso Montero, Presidente da RAG e alumnas e alumnos dos Centros de Ensino.

Representación institucional

Tamén houbo representación institucional, entre a que salientou a presenza de Argimiro Marnotes, alcade do Carballiño; Tomás Fernández Couto, Secretario Xeral de Montes-Consellería de Medio Rural e Mar; Xesús Vázquez Abad, Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación e Universitaria e Manuel Baltar, Presidente da Deputación de Ourense.

Finalmente non se realizouunha ofrenda floral no monumento 'Nimbos de luz' do escultor Xosé Cid, como estaba previsto inticialmente. Pero si se realizou un entrega de libros e plantaron uns bidueiros simbolicamente os alumnos asistentes na contorna do Auditorio. O acto estivo organizado pola Fundación Insua dos Poetas, que dirixe González Tosar e o Centro Pen Galicia.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta