Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/12/2021 | Actualizada ás 22:29
As vítimas mortais por coronavirus en Galicia elévanse a 2.677 tras notificar este venres a Consellería de Sanidade o falecemento dun home de 75 anos no complexo hospitalario de Pontevedra.
Este home foi diagnosticado por covid e a súa morte notifícase con data de 2 de decembro. Ademais, Sanidade sinala que tiña patoloxías previas.
Este mesmo venres, o delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, e a directora xeral de Saúde Pública, Carmen Durán, apelaron, ante o inicio da Ponte da Constitución e a Inmaculada á "prudencia" e o "sentidiño" no contexto actual de incremento da incidencia pola covid-19 na Comunidade galega, que supera as 7.000 infeccións activas e os 240 casos por 100.000 habitantes.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.