Continúan os contaxios entre alcaldes: Alberto Varela, rexedor de Vilagarcía, dá positivo

O tamén e presidente da Fegamp anuncia que seguirá traballando dende a casa ao non presentar síntomas.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/12/2021 | Actualizada ás 14:14

Comparte esta noticia

O alcalde de Vilagarcía de Arousa e presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp), Alberto Varela, deu positivo en covid-19. Nunha mensaxe publicada no seu perfil da rede social Twitter, o rexedor explica que se atopa "ben" e "sen síntomas" polo que seguirá mantendo a actividade desde a súa casa.

O pasado día 6 de decembro o alcalde de Vilagarcía explicou, tamén a través desta rede social, que fora contacto estreito dunha persoa positiva e que fixera unha primeira PCR con resultado negativo. Por iso, sinalaba que, seguindo os protocolos sanitarios, non acudiría ao XIV Congreso que o PSdeG celebrou en Santiago a pasada semana. Así as cousas e tras repetir a PCR, o rexedor deu positivo, polo que continuará confinado no seu domicilio.

O próximo presidente da Fegamp e alcalde de Vilagarcía de Arousa (Pontevedra), Alberto Varela. CEDIDA - Arquivo
O próximo presidente da Fegamp e alcalde de Vilagarcía de Arousa (Pontevedra), Alberto Varela. CEDIDA - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta