Por E.P. | MADRID | 14/12/2021 | Actualizada ás 18:55
O portavoz do BNG no Congreso, Néstor Rego, urxiu este martes ao PSOE a activar a tramitación da proposición de lei procedente do Parlamento galego que busca traspasar a esta comunidade a titularidade e as competencias da Autoestrada do Atlántico, a AP-9.
En concreto, Rego pediu ao presidente da Comisión de Transportes da Cámara Baixa, o socialista Ignacio López Cano, que convoque "de forma inmediata" o relatorio para empezar a discutir as emendas que os grupos xa presentaron a esta iniciativa o pasado mes de xullo.
"Non se pode xustificar esta demora, que claramente ten unha intencionalidade política", denunciou o nacionalista galego, quen lembrou que o Pleno do Congreso tomou en consideración a proposición de lei do traspaso da AP9 fai xa fai dez meses.
Neste contexto, o deputado nacionalista censurou que tanto o PSOE como o PP se poñan de acordo en demorar "de forma indefinida" unha solución para esa autoestrada.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.