O Concello de Mesía propón á Xunta adaptar os camiños para prevención de incendios

En concreto, trataríase da adecuación e limpeza destes camiños co obxectivo de facilitar a súa anticipación e a prevención dos incendios forestais nestas zonas.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/12/2021 | Actualizada ás 20:45

Comparte esta noticia

A Xunta avaliará a proposta do Concello de Mesía para colaborar na mellora de diferentes camiños na parroquia de Boado co obxectivo de previr incendios.

Así o trasladou o conselleiro do Medio Rural, José González, ao alcalde de Mesía, Mariano Igrexas, nun encontro na sede da Xunta, no que tamén participou o director xeral de Defensa do Monte, Manuel Rodríguez.

En concreto, trataríase da adecuación e limpeza destes camiños co obxectivo de facilitar a súa anticipación e a prevención dos incendios forestais nestas zonas.

Na reunión, o conselleiro comprometeuse a estudar ao detalle a viabilidade técnica e orzamentaria da proposta e sinalou que a anticipación ao lume é, precisamente, un dos ámbitos crave de colaboración interadministrativa na que incide o seu departamento para conseguir unha maior seguridade das persoas e dos bens ante os incedios forestais.

O conselleiro do Medio Rural, José González, no pleno do Parlamento. XOÁN CRESPO
O conselleiro do Medio Rural, José González, no pleno do Parlamento. XOÁN CRESPO

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta