Delegados da CIG mobilízanse para esixir un marco enerxético "xusto" para a industria

Tamén reclamaron unha tarifa eléctrica galega.

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 15/12/2021 | Actualizada ás 18:11

Comparte esta noticia

Representantes sindicais da CIG mobilizáronse, ante a Delegación do Goberno en Galicia, para esixir un marco enerxético "xusto" para a industria e unha tarifa eléctrica galega. Na protesta, participaron delegados e delegadas da central en Alcoa, XEAL, Ferroatlántica, Megasa, Celsa Atlantic e AluIbérica, entre outros.

Para o secretario xeral da CIG, Paulo Carril, a "alza imparable" do prezo da luz, xunto a "a falta de políticas públicas que garantan o dereito á enerxía como un ben básico" están detrás dos problemas, xunto a un estatuto electrointensivo "insuficiente".

Carril sostivo que a CIG foi a primeira organización que presentou unha proposta con seis medidas para a creación dunha tarifa eléctrica para a industria electrointensiva. "Moitas das nosas propostas seguen sendo plenamente válidas e adecuadas e, de feito, algunhas delas foron asumidas polos gobernos, pero de maneira moi parcial". "Por esta razón, temos que seguir reivindicando a urxencia na aprobación desas medidas, xa que cada día que pasa camiñamos a unha crise máis profunda", advertiu.

Concentración de delegados da CIG. CIG
Concentración de delegados da CIG. CIG | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta