Greenalia vai adiante co parque eólico de Pena da Cabra con areoxeradores de 112 metros

Di que está fora de zonas "protexidas". O parque eólico Pena da Cabra contempla a instalación de seis aeroxeradores e terán unha altura máxima de 112 metros e un diámetro de rotor de 136.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/12/2021 | Actualizada ás 14:09

Comparte esta noticia

Greenalia somete a información pública un novo proxecto, tal e como publica este venres no Diario Oficial de Galicia (DOG). Trátase do parque eólico Pena da Cabra, que se sitúa dentro da área Coto de Codesas, incluído no plan sectorial eólico de Galicia, segundo destaca a compañía.

O parque eólico Pena da Cabra contempla a instalación de seis aeroxeradores de 4,2 MW de potencia unitaria para un total de 25,2 MW, todos eles situados na localidade de Toques (A Coruña). Cada máquina terá unha altura de buje de 112 metros e un diámetro de rotor de 136, segundo informa a produtora de enerxías renovables con sede na Coruña.

Cun investimento estimado de máis de 19 millóns de euros, terá unha produción media neta de 100.857 MWh/ano, o equivalente ao consumo de 29.000 fogares, con enerxía procedente de fontes renovables. A esta cifra de investimento, suma a destinada á administración local que estima en 385.000 euros en concepto de taxas e impostos.

"A zona onde se situará o parque atópase fóra dos espazos protexidos por Rede Natura 2000" e "tamén dos incluídos na súa proposta de ampliación", segundo destaca a empresa. En canto ás áreas recollidas no catálogo galego de humidais, indica que na zona do parque eólico non hai ningunha presente, "estando os exemplares incluídos no catálogo galego de árbores Singulares afastados da zona de implantación".

Por todo isto, considera "compatible" a presenza do parque eólico Pena da Cabra cos elementos definidos no catálogo de paisaxes de Galicia. Polo que respecta ao patrimonio cultural e arqueolóxico, subliña que, no deseño do parque eólico, "tivéronse en conta as localizacións dos elementos de patrimonio arqueolóxico e os seus perímetros de protección, de modo que ningún deles se verá afectado polo mesmo", conclúe a empresa.

Arquivo - Aeroxeradores. EUROPA PRESS - Arquivo
Arquivo - Aeroxeradores. EUROPA PRESS - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta