O passcovid, obrigatorio dende hoxe en residencias, hospitais de día e ximnasios

Os cócteles de pé e actos de recepción con aperitivo estarán prohibidos desde a semana que vén.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/12/2021 | Actualizada ás 12:25

Comparte esta noticia

Galicia incorpora este sábado novas medidas para controlar a pandemia vinculadas ao pasaporte covid. Así, como medida xeral, é preciso exhibir este certificado, no caso da poboación maior de 12 anos, para acudir a restaurantes, a bares a partir das 21 horas, aos albergues de peregrinos, a discotecas e a visitar a algún paciente ingresado.

Tamén será preciso o pasaporte covid para a práctica deportiva non federada --como entrar en ximnasios e en piscinas--, para os visitantes e acompañantes a centros sociosanitarioas residenciais de maiores e de persoas con discapacidade; para visitantes e acompañantes de pacientes en hospitais de día para tratamento oncolóxico e de diálese e hoteis de pacientes; e para acceso a eventos multitudinarios ou aqueles que teñan autorizada a venda de alimentos e bebida para o seu consumo durante estes días.

Ademais, este xoves, a Xunta publicou a prórroga do certificado covid en hostalaría (para restaurantes todo o día e outro tipo de establecementos desde as 21 horas), coa novidade incorporada de que quedan prohibidos os eventos de cócteles de pé e actos de recepción con aperitivo. Cabe lembrar que en hostalaría se reduciron as mesas a oito comensais en interior e 15 en terraza.

Esta medida en concreto entrará en vigor a semana que vén, é dicir, os cócteles que estivesen de antemán programados para estea fin de semana --do 18 e 19 de decembro-- están permitidos, de maneira que se endurecen as medidas para as datas festivas do Nadal.

Todas as medidas do Diario Oficial de Galicia estarán vixentes ata o 18 de xaneiro.

Galicia exporá ao Consello Interterritorial do Sistema Nacional de Saúde que o certificado de vacinación covid-19 permita ser unha excepción de mobilidade. EUROPA PRESS PANTALLAZO
Galicia exporá ao Consello Interterritorial do Sistema Nacional de Saúde que o certificado de vacinación covid-19 permita ser unha excepción de mobilidade. EUROPA PRESS PANTALLAZO | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta