Dúas persoas resultan feridas ao chocar un autobús urbano e un turismo na Coruña

O accidente produciuse por alcance.

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 18/12/2021 | Actualizada ás 11:18

Comparte esta noticia

Dúas persoas resultaron feridas ao chocar un autobús urbano e un turismo na tarde do venres na Avenida Alcalde Alfonso Molina, na Coruña.

Segundo informou este sábado o CIAE 112 Galicia, o suceso tivo lugar pasadas as 21,30 horas, cando o autobús e o turismo chocaron por alcance. Foi o propio condutor, o que informou de que un pasaxeiro necesitaba asistencia sanitaria.

Con estes datos, o 112 Galicia informou o Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia - 061, á Policía Local da Coruña, así como ao servizo de mantemento de estradas.

Unha ambulancia á entrada dun hospital
Unha ambulancia á entrada dun hospital | Fonte: M. Dylan - Europa Press - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta