Máis de 65 distribuidores e 15 restaurantes solicitan o selo de 'Peixe da Lonxa da Coruña'

Por E.P. | A CORUÑA | 26/12/2021 | Actualizada ás 13:24

Comparte esta noticia

Un total de 65 distribuidores e 15 restaurantes xa solicitaron o selo de 'Peixe da Lonxa da Coruña', co que o Concello pretende fortalecer ao sector pesqueiro coruñés e fomentar a aposta polo produto de proximidade.

A maioría dos profesionais que solicitaron o distintivo son da propia cidade, aínda que tamén hai peticións doutros puntos de Galicia, xa que o requisito para poder telo é garantir que os exemplares que se venden saen da lonxa coruñesa.

No caso dos locais de hostalaría, todos da Coruña, débese demostrar que se utilizan exemplares saídos da lonxa para elaborar os seus pratos.

As incorporacións ao selo son o resultado dunha "intensa campaña de captación" posta en marcha polo Concello desde o lanzamento do distintivo o 3 de decembro na praza de Lugo. O goberno local espera que a iniciativa repercuta positivamente na economía local, así como que permita á clientela coñecer a orixe do produto que están a consumir.

A alcaldesa da Coruña, Inés Rei, presenta o selo 'Pescado da Lonxa da Coruña'. ANDY PEREZ
A alcaldesa da Coruña, Inés Rei, presenta o selo 'Pescado da Lonxa da Coruña'. ANDY PEREZ

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta