Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 28/12/2021 | Actualizada ás 20:14
Vía Galega, dentro da campaña "Galiza, un Pobo, unha selección", vén de realizar un documental coa participación de 13 persoas relevantes e representativas do deporte galego. Nese vídeo verten a súa opinión sobre o dereito, o interese e a necesidade de poder competir representando a Galiza oficialmente e internacionalmente en todas as disciplinas deportivas.
Declaran que sería unha oportunidade moito maior para as nosas e os nosos deportistas poderen participar en competicións internacionais, xunto con manifestar o dereito a poder escoitar o himno galego no podio, ademais de ser emotivo e emocionante.
Sinalan como Galicia no deporte é unha verdadeira potencia e referente en distintos deportes a nivel mundial na actualidade e subliñan a importancia que ten o deporte na loita pola igualdade de xénero.
Neste documental participaron referentes galegos coma: Fernando Vázquez, Caetano Horta, Xulia Vaquero, Gustavo César Veloso, Eva Castro, Luís Penín, Alba Cuba, Alexandre Sanmartín, Mercé Barrientos, Xan Rodiño, Xurxo Souto, Manuel Polo e Cristina López.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.