Lidia Senra, a "Mari Castaña do século XXI"

A candidata de Anova preséntase ás europeas para "rachar coas políticas neoliberais" da UE. Beiras avoga por "abrir o primeiro buraco" no "IV Reich" da UE.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 10/04/2014 | Actualizada ás 18:06

Comparte esta noticia

"Rachar coas políticas neoliberais da UE e o seus tratados". Ese é o principal reto que se marca Lidia Senra se sae elexida eurodeputada. "O reto é moi importante e, por iso, hai que buscar a alianza da esquerda a nivel europeo", dixo.

Lidia Senra, candidata ás eleccións europeas
Lidia Senra, candidata ás eleccións europeas | Fonte: Publico

A ex secretaria xeral do Sindicato Labrego Galego (SLG), candidata de Anova nunha coalición que reedita en Galicia o formato AGE das pasadas autonómicas entre Anova, Esquerda Unida e Espazo Ecosocialista --non entra desta volta Equo--, presentou este xoves as liñas que vai levar a Europa se sae elexida. Unhas liñas políticas que pasan, principalmente, por combatir o neoliberalismo. "Os nosos competidores son os neoliberais, o gran capital. Por iso a esquerda europea temos que facer unha alianza entre iguais para vivir todos dignamente do noso traballo", indicou.

Acompañada por Xosé Manuel Beiras e Yolanda Díaz, Lidia Senra destacou os principais problemas que existen no país e que levará a europa; principalmente, a falta de traballo e de perspecitvas para os traballadores.

Para axuda á "xente que pasa fame"

Tamén loitará para que os labregos e os obreiros teñan uns ingresos e salarios "dignos". "Non pode ser que un país de fartura como é o noso haxa xente que estea pasando fame", dixo. Tamén quere combater polos que non teñen vivenda ou quedaron sen ela. E é que unha das cuestións que nas que incidirá en Europa é en loitar contra o Tratado de Libre Comercio entre a UE e EE.UU, que "non foi aprobado democráticamente" e que é, segundo Senra, "moi lesivo para as pymes, os dereitos laborais ou os produtos agrarios, permitindo os transxénicos".

Preguntada polo ministro Arias Cañete, que liderará a lista do PP, considerou que a súa designación indica a política que quere facer o PP e puxo como exemplo a oportunidade de redistribuír as axudas da PAC e amplialas a sectores que agora non as reciben. Así, lembrou que, como ministro, non aproveitou estas axudas en favor de manter o status quo o que significa que "2.600 grandes empresarios agrícolas cobren o mesmo que 500.000 produtores no Estado". "É un representante fiel dos intereses do neoliberalismo", sintetizou.

"Abrir un buraco no IV Reich" da UE

Xosé Manuel Beiras avogou pola "ruptura democrática" fronte á "restauración borbónica" en España e o "IV Reich" na Unión Europea, para abrir un "primeiro buraco" no "castelo kafkiano da troika".

"A elección de Lidia Senra é unha proba de coherencia na idea de romper fronteiras dentro da esquerda rupturista e aproveitar o motor desta dinámica, que está na cidadanía e á que AGE servirá para a súa proxección na instancia política", dixo. "Lidia Senra é a Mari Castaña do século XXI", en referencia á dirixente das clases populares contra o bispo de Lugo no medievo.

Pola súa banda, Yolanda Díaz, dixo que ten a Lidia Senra "como referencia", e expresou a facilidade con que a súa figura de Senra contribuíu ao consenso, ao tratarse "dunha loitadora pola emancipación como muller, como pobo e contra os poderosos".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 72 comentarios

32 eusi

Que gozo ver tantos comentarios, a maioria dos trolleadores desquiciados de sempre e que xa nin leo porque son moi repetitivos. Embora as noticias dos demais partidos seguen hermas, mesmo dos seus seguidores. AVANTE ANOVA, IMOS GANHAR!

1 Quixote D´Avellaneda

Con bo IU estatal producto da “ ainda mais” dereitización do PSOE, ben se treballa nas maricastañas, mais non deixa de ser traballar para o inglés ou se deixar trebellar polo manchego, máis concretamente.

2 eusi

TRaballará para todos aqueles que queiran a soberania alimentaria, que estean polas nacións de europa, e polo programa de Anova, nin mais nin menos. Por desgraza, outros partidos votan leis do PP en pleno parlamento de Galiza, ou apoian ao psoe sen ningún miramento... En fin, que che vou contar que non saibas xa.

3 Buli

soberania alimentaria com agricultura de subsistencia do sec. XVII? As chorradas que hai que ouvir!

31 Pedro Oxusto

Lidia Senra, María Castaña, e xa posto, Beiras, Marqués putativo da Reboraina, desembarca na Coruña coma Duque putativo de Lencastre reclamando a Coroa de España, agora que vai na decadencia o que está e ate a biógrafa da raíña faille sinais para colla a rúa. Cayo Lara como Presidente do Goberno; Reneses, Ministro do Tesouro, e Mariano Abalo, Ministro do Interior e Almirante de Cangas, vila rexida pola zombi de María Soliña.

30 LKI

Por moito que insultedes, denigredes, inxuriedes, manipuledes, mintades, enmerdedes... Lidia vai acadar a primeira acta no parlamento europeo para a esquerda independentista galega e vai ser a representante de Galiza nesa cámara. Parafraseando Castelao, sodes uns trolls fracasados.

1 ULTRA TROLL galego

espero que saquen o escano os nacionalistas (bloque e cxg) e quero que o castañazo do "vieiras sexa proporcional os seus desatinos e vai ser moi grande... tolomancio dos disparates, duque queimado das barbaridades! AUN LEMBRAMOS O DOS DEPUTADOS POR MIL EUROS E DESPOIS COBRAN 4.700 EUROS MAIS PRIVILEXIOS FISCAIS

2 Peceeiu

Practicáchedes sempre un xacobinismo máis tranoitado que maricastaña, ao que quixéchedes agachar nun dereito virtual á autodeterminación coa condición de non exercelo, como o PSOE e a OTAN “de entrada non”, e enmarcarando as alainzas de subordinación cos oprimidos nos heterónimos Anova, AGE, ICV,e na garra da outra galiña morada e tricolor. Sodes pois uns imperialistas, unidos, de esquerda, fracasados.

3 Un canto a Galicia Jei

¿A Esquerda independentista? Vai cagar.

4 LKI

Fareino. Por riba de trolls a soldo coma tí.

5 comunista independentista

Efectivamente, esquerda independentista. Iso é Anova. O que nunca quiso ser o BnUpG.

6 Un canto a Galicia Jei

Esquerda independentista non practicante, que diría Beiras.

7 Un canto a Galicia Jei

Esquerda independentista non practicante, que diría Beiras.

29 Centroeuropeo

Pois eu deséxolle moita sorte tanto a Lidia Senra como a Ana Miranda. Se alguén vai defender os intereses dos galegos no Parlamento Europeo son elas, e non merecen levar o castigo polas cuestionábeis alianzas dos seus partidos. Se estes tivesen acadado unha candidatura común galega (soa ou con Equo-Compromís-Chunta Aragonesista), non habería que pasar por votar IU ou Bildu-Andecha Astur, pero éche o que hai.

1 Xistral

É un dos poucos comentarios decentes que lin no GC dende hai meses. Ao mellor isto é o que temos que empezar a facer todos.Eu incluido.

2 reginodelapena

Ningun galego vai votar BILDU,a unica papeleta que vai atopar voste é a do BNG,con Ana Miranda de primeira i Camilo Nogueira de ultimo.As demais levan españois de cabeza de lista y algun galego nelas.O que vote estas lista votara efectivamente unha lista española. Celebradas as votacions os votos de BNG i BILDU,XUNTARANSE e verase se obteñen diputado;no caso do que asi seña se acadan DOUS,un sera para BILDU i outro pra BNG.Se so conquiren un repartiranse a presencia na Europa en partes proporcionais aos votos acadados por cada forza.Tudo o demais é MENTIRA.Galiza non ten desencontros economicos con Euskalerria.Galiza ten choque de intreses con ANDALUCIA,CASTELA,CANTABRIA,que é donde se apresentan PSOE/PP/IU.

3 Centroeuropeo

#reginodelapena, vote vostede o que queira, pero non insulte a nosa intelixencia. Poña o que poña na papeleta distribuída en Galiza (BNG, AGE, CxG...), o que se vota nas europeas son listas ESTATAIS, e un vota TODA A LISTA. E se vostede confía en que -caso de o BNG non obter escano propio- Bildu vai defender os intereses galegos, meus parabéns pola súa inocencia. A súa sensibilidade con Galiza xa a demostrou incluíndo Andecha Astur na lista.

4 reginodelapena

Na Galiza vostede non atopara ningunha papeleta que poña AGE ou CXG.Si atopara unha do BLOQUE NACIONALISTA GALEGO,non atopara ningunha outra que amose a palabra NACIONALISTA. O BNG sempre vai ter diputada na EUROPA,o que esta por ver é canto tempo dos cinco anos que dura lexislatura tera o BNG representacion directa.

5 Pedagoxia

É moito de agradecer a boa información que ofrece reginofelapena a todo aquel que quere estar correctamente informado e sen manipulación interesada. Reitero o dito: Grazas polo seu labor pedagóxico

6 Centroeuropeo

Si, grazas por achegarnos a súa información previlexiada sobre a futura fasquía das papeletas. Así o día da votación non teremos que pensar, buscaremos a palabra NACIONALISTA e listo. Se for tan amábel de nos describir o debuxiño, para os que lles dea preguiza mesmo ler...

28 ANTIAJETES

O nacionalismo galego é algo moito máis serio que o que fan estes pallasos do vieras, bufons dos peperolos, parvos útiles do expañolismo izquierdo hundido. Un programa para defender no parlamento europeo é algo moito máis serio que os titulares idiotas cos que o decadente e traidorzuelo Beiras vai ir soltando na Voz de Galicai de aquí ao día das eleccións Cando unha forza-fraude ten que copiar ata os textos dos outros partidos (copy-paste ajillo parlamentar) esa forza non merece o crédito de ningún cidadán informado. Fora o ridícuo bierismo-expaañolismo de Europa. Bieras, vaite para caspalandia.

1 LKI

Sodes unha xentiña realmente frustrada, meu. Deberías falar cun especialista.

2 Agestapo

Especialísta en qué? en vacinas? en permancultura? en chamanismo? en vieras tóxicas? en maltrato ás mulheres? en alianzas co PP estremenho? especialistas en trincar de Bankia? Especialistas en pactos da Moncloa? especialistas en louvar a Suarez? especialistas en ir ás conferencias de Feijóo? Menudo fraude a esquerda de fular carmenlaroja e trapalhadas senra, a esquerda da miseria e os xitanos andaluces okupas. Flamenquitos okupaleiras fora da nosa terra, mi arma.