Lidia Senra, a "Mari Castaña do século XXI"

A candidata de Anova preséntase ás europeas para "rachar coas políticas neoliberais" da UE. Beiras avoga por "abrir o primeiro buraco" no "IV Reich" da UE.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 10/04/2014 | Actualizada ás 18:06

Comparte esta noticia

"Rachar coas políticas neoliberais da UE e o seus tratados". Ese é o principal reto que se marca Lidia Senra se sae elexida eurodeputada. "O reto é moi importante e, por iso, hai que buscar a alianza da esquerda a nivel europeo", dixo.

Lidia Senra, candidata ás eleccións europeas
Lidia Senra, candidata ás eleccións europeas | Fonte: Publico

A ex secretaria xeral do Sindicato Labrego Galego (SLG), candidata de Anova nunha coalición que reedita en Galicia o formato AGE das pasadas autonómicas entre Anova, Esquerda Unida e Espazo Ecosocialista --non entra desta volta Equo--, presentou este xoves as liñas que vai levar a Europa se sae elexida. Unhas liñas políticas que pasan, principalmente, por combatir o neoliberalismo. "Os nosos competidores son os neoliberais, o gran capital. Por iso a esquerda europea temos que facer unha alianza entre iguais para vivir todos dignamente do noso traballo", indicou.

Acompañada por Xosé Manuel Beiras e Yolanda Díaz, Lidia Senra destacou os principais problemas que existen no país e que levará a europa; principalmente, a falta de traballo e de perspecitvas para os traballadores.

Para axuda á "xente que pasa fame"

Tamén loitará para que os labregos e os obreiros teñan uns ingresos e salarios "dignos". "Non pode ser que un país de fartura como é o noso haxa xente que estea pasando fame", dixo. Tamén quere combater polos que non teñen vivenda ou quedaron sen ela. E é que unha das cuestións que nas que incidirá en Europa é en loitar contra o Tratado de Libre Comercio entre a UE e EE.UU, que "non foi aprobado democráticamente" e que é, segundo Senra, "moi lesivo para as pymes, os dereitos laborais ou os produtos agrarios, permitindo os transxénicos".

Preguntada polo ministro Arias Cañete, que liderará a lista do PP, considerou que a súa designación indica a política que quere facer o PP e puxo como exemplo a oportunidade de redistribuír as axudas da PAC e amplialas a sectores que agora non as reciben. Así, lembrou que, como ministro, non aproveitou estas axudas en favor de manter o status quo o que significa que "2.600 grandes empresarios agrícolas cobren o mesmo que 500.000 produtores no Estado". "É un representante fiel dos intereses do neoliberalismo", sintetizou.

"Abrir un buraco no IV Reich" da UE

Xosé Manuel Beiras avogou pola "ruptura democrática" fronte á "restauración borbónica" en España e o "IV Reich" na Unión Europea, para abrir un "primeiro buraco" no "castelo kafkiano da troika".

"A elección de Lidia Senra é unha proba de coherencia na idea de romper fronteiras dentro da esquerda rupturista e aproveitar o motor desta dinámica, que está na cidadanía e á que AGE servirá para a súa proxección na instancia política", dixo. "Lidia Senra é a Mari Castaña do século XXI", en referencia á dirixente das clases populares contra o bispo de Lugo no medievo.

Pola súa banda, Yolanda Díaz, dixo que ten a Lidia Senra "como referencia", e expresou a facilidade con que a súa figura de Senra contribuíu ao consenso, ao tratarse "dunha loitadora pola emancipación como muller, como pobo e contra os poderosos".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 72 comentarios

27 antiburras

É o Beiras afeitado? Milagres do photoshop

1 regoa

Aí, aí, a meterse có físico da xente, que agora está de moda.Nivelazo.

26 Vinnicious

O de Mari Castaña é polo castañazo que se van dar estes e os do BNjaja nas europeias.

1 irmandiño nacionalista

ista vez o comunismo foixelle das maos do vello @vieiras os campesiños asaltaron a finca da reboraida e o marques tivo que fuxir a fume de carozo VIDEO ASALTO O FEUDO DE BRION ( https://www.youtube.com/watch?v=9uT... ) NIN CAPITALISMO INTERNACIONAL NIN COMUNISMO EXPAÑOL - as listas son de izquierda unitaria e o que votas e willy mayer enteradevos ben

25 un galego

e que vai facer cos 6.200 € ao mes a señora esta que vende leitugas?

1 xis

Caramba co galego este!!!!

2 xis

Seguro que tí que non vendes leitugas a poderías aconsellar. Impresentable comentario

24 Pobo Galego

Grande Lidia Senra. Fundamental para o nacionalismo galego ter de candidatos a líderes sociais como XM Beiras ou Lidia Senra. Hai que rematar coa deriva destes 10 últimos anos nos que só eran candidatos os militantes disciplinados ou afiliados obedientes....

1 Juas

Lidia Senra foi da UPG ata que decidiu despedir xente improcedentemente. DEbía de ser do "sector critico".

23 galizaerrante

Chizzzaaaa...! así que Maria Castaña perseguía a quen discrepaba dela e despedía asalariados ilegalmente?! Quedamos sen mitos.