Lidia Senra, a "Mari Castaña do século XXI"

A candidata de Anova preséntase ás europeas para "rachar coas políticas neoliberais" da UE. Beiras avoga por "abrir o primeiro buraco" no "IV Reich" da UE.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 10/04/2014 | Actualizada ás 18:06

Comparte esta noticia

"Rachar coas políticas neoliberais da UE e o seus tratados". Ese é o principal reto que se marca Lidia Senra se sae elexida eurodeputada. "O reto é moi importante e, por iso, hai que buscar a alianza da esquerda a nivel europeo", dixo.

Lidia Senra, candidata ás eleccións europeas
Lidia Senra, candidata ás eleccións europeas | Fonte: Publico

A ex secretaria xeral do Sindicato Labrego Galego (SLG), candidata de Anova nunha coalición que reedita en Galicia o formato AGE das pasadas autonómicas entre Anova, Esquerda Unida e Espazo Ecosocialista --non entra desta volta Equo--, presentou este xoves as liñas que vai levar a Europa se sae elexida. Unhas liñas políticas que pasan, principalmente, por combatir o neoliberalismo. "Os nosos competidores son os neoliberais, o gran capital. Por iso a esquerda europea temos que facer unha alianza entre iguais para vivir todos dignamente do noso traballo", indicou.

Acompañada por Xosé Manuel Beiras e Yolanda Díaz, Lidia Senra destacou os principais problemas que existen no país e que levará a europa; principalmente, a falta de traballo e de perspecitvas para os traballadores.

Para axuda á "xente que pasa fame"

Tamén loitará para que os labregos e os obreiros teñan uns ingresos e salarios "dignos". "Non pode ser que un país de fartura como é o noso haxa xente que estea pasando fame", dixo. Tamén quere combater polos que non teñen vivenda ou quedaron sen ela. E é que unha das cuestións que nas que incidirá en Europa é en loitar contra o Tratado de Libre Comercio entre a UE e EE.UU, que "non foi aprobado democráticamente" e que é, segundo Senra, "moi lesivo para as pymes, os dereitos laborais ou os produtos agrarios, permitindo os transxénicos".

Preguntada polo ministro Arias Cañete, que liderará a lista do PP, considerou que a súa designación indica a política que quere facer o PP e puxo como exemplo a oportunidade de redistribuír as axudas da PAC e amplialas a sectores que agora non as reciben. Así, lembrou que, como ministro, non aproveitou estas axudas en favor de manter o status quo o que significa que "2.600 grandes empresarios agrícolas cobren o mesmo que 500.000 produtores no Estado". "É un representante fiel dos intereses do neoliberalismo", sintetizou.

"Abrir un buraco no IV Reich" da UE

Xosé Manuel Beiras avogou pola "ruptura democrática" fronte á "restauración borbónica" en España e o "IV Reich" na Unión Europea, para abrir un "primeiro buraco" no "castelo kafkiano da troika".

"A elección de Lidia Senra é unha proba de coherencia na idea de romper fronteiras dentro da esquerda rupturista e aproveitar o motor desta dinámica, que está na cidadanía e á que AGE servirá para a súa proxección na instancia política", dixo. "Lidia Senra é a Mari Castaña do século XXI", en referencia á dirixente das clases populares contra o bispo de Lugo no medievo.

Pola súa banda, Yolanda Díaz, dixo que ten a Lidia Senra "como referencia", e expresou a facilidade con que a súa figura de Senra contribuíu ao consenso, ao tratarse "dunha loitadora pola emancipación como muller, como pobo e contra os poderosos".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 72 comentarios

22 Maricastaña Times

O de "Mari Castaña" será porque Lidia leva aí dende os tempos de María Castaña, século arriba século abaixo

21 Lola da Camba

Pois Ana Miranda é Ana Miranda, non se ten que igualar a nadie: Cando fun eurodeputada, o inminente candidato do PP Arias Cañete organizou encontros en Bruxelas e Estrasburgo sobre as reformas agrarias e de pesca da PAC e da PPC.Ali fun representando a Galiza con propostas, perguntas e insistencias dos problemas. Cheguei a conclusión que eran reunións de cortesía por cumplir a obriga de informar e máis nada. Nada concreto, sempre coa broma fácil, e cada vez que eu decia pesca artesanal e marisqueo ou que ia pasar cando se supriman as cuotas do leite en 2015, o Ministro falaba de vaguedades "es que el sector tiene que adaptarse". Para o PP "adaptarse" significa que deixen de producir.

20 Antolín Mera Parracho Pintos

O agro e a pesca son dous sectores fundamentais para Galicia que van ter voz en Europa grazas a Lidia Senra quen ten asegurado o seu, merecido, posto de eurodeputada. Parabens Lidia xa era hora que estivesen no Parlamento Europeo os e as que levan dobrando o lombo toda a vida e non @s designad@s polo dedo infalible do coronel de turno

19 Lois

Historia apócrifa dun monólogo: - A ver, a ver... que chorrada podo dicir hoxe para conseguir un titular???? - "Lidia Senra é a Juana de Arco do século XXI"... Non, isto non, que é moi afrancesado, mesmo para min... - A ver, a ver... "Lidia Senra é o Basilio Álvarez do século XXI"... Merde! Isto xa o dixen o outro día, non val... - Xa o teño! Lidia Senra é a María Castaña do Século XXI. Ja!!!! Son o puñetero amo.... E así se facía a política naquela rexión do Noroeste.

1 Lidiade_sós

Naquela rexión do Noroeste donde os medios estaban comprados e se falaba antes do estado de ánimo de Carromero Cano que da fame dos que remexían no lixo todas as noites. Naquela rexión do Noroeste donde, cando se falaba do que pasara na sesión parlamentar do día a última palabra sempre a poñían para o PPsoeiro de turno. Naquela rexión do Noroeste donde os PPsoeiros visten de nacionalistas no carnaval dos trolls

18 ErreGá

Deixando de lado a opinión que se poida ter desta senhora, dá gusto ver que o nacionalismo galego aposta por mulheres como cabeza de lista para as europeas