Lidia Senra, a "Mari Castaña do século XXI"

A candidata de Anova preséntase ás europeas para "rachar coas políticas neoliberais" da UE. Beiras avoga por "abrir o primeiro buraco" no "IV Reich" da UE.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 10/04/2014 | Actualizada ás 18:06

Comparte esta noticia

"Rachar coas políticas neoliberais da UE e o seus tratados". Ese é o principal reto que se marca Lidia Senra se sae elexida eurodeputada. "O reto é moi importante e, por iso, hai que buscar a alianza da esquerda a nivel europeo", dixo.

Lidia Senra, candidata ás eleccións europeas
Lidia Senra, candidata ás eleccións europeas | Fonte: Publico

A ex secretaria xeral do Sindicato Labrego Galego (SLG), candidata de Anova nunha coalición que reedita en Galicia o formato AGE das pasadas autonómicas entre Anova, Esquerda Unida e Espazo Ecosocialista --non entra desta volta Equo--, presentou este xoves as liñas que vai levar a Europa se sae elexida. Unhas liñas políticas que pasan, principalmente, por combatir o neoliberalismo. "Os nosos competidores son os neoliberais, o gran capital. Por iso a esquerda europea temos que facer unha alianza entre iguais para vivir todos dignamente do noso traballo", indicou.

Acompañada por Xosé Manuel Beiras e Yolanda Díaz, Lidia Senra destacou os principais problemas que existen no país e que levará a europa; principalmente, a falta de traballo e de perspecitvas para os traballadores.

Para axuda á "xente que pasa fame"

Tamén loitará para que os labregos e os obreiros teñan uns ingresos e salarios "dignos". "Non pode ser que un país de fartura como é o noso haxa xente que estea pasando fame", dixo. Tamén quere combater polos que non teñen vivenda ou quedaron sen ela. E é que unha das cuestións que nas que incidirá en Europa é en loitar contra o Tratado de Libre Comercio entre a UE e EE.UU, que "non foi aprobado democráticamente" e que é, segundo Senra, "moi lesivo para as pymes, os dereitos laborais ou os produtos agrarios, permitindo os transxénicos".

Preguntada polo ministro Arias Cañete, que liderará a lista do PP, considerou que a súa designación indica a política que quere facer o PP e puxo como exemplo a oportunidade de redistribuír as axudas da PAC e amplialas a sectores que agora non as reciben. Así, lembrou que, como ministro, non aproveitou estas axudas en favor de manter o status quo o que significa que "2.600 grandes empresarios agrícolas cobren o mesmo que 500.000 produtores no Estado". "É un representante fiel dos intereses do neoliberalismo", sintetizou.

"Abrir un buraco no IV Reich" da UE

Xosé Manuel Beiras avogou pola "ruptura democrática" fronte á "restauración borbónica" en España e o "IV Reich" na Unión Europea, para abrir un "primeiro buraco" no "castelo kafkiano da troika".

"A elección de Lidia Senra é unha proba de coherencia na idea de romper fronteiras dentro da esquerda rupturista e aproveitar o motor desta dinámica, que está na cidadanía e á que AGE servirá para a súa proxección na instancia política", dixo. "Lidia Senra é a Mari Castaña do século XXI", en referencia á dirixente das clases populares contra o bispo de Lugo no medievo.

Pola súa banda, Yolanda Díaz, dixo que ten a Lidia Senra "como referencia", e expresou a facilidade con que a súa figura de Senra contribuíu ao consenso, ao tratarse "dunha loitadora pola emancipación como muller, como pobo e contra os poderosos".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 72 comentarios

17 Independentista

Con Lidia Senra o nacionalismo volta ao rego. Volven a ser candidatos os líderes sociais e non os militantes disciplinados ou afiliados obedientes. Lidia Senra,un mito do nacionalismo galego.

1 Escarállome

HOHOHOHOHHO Os trolls a soldo de CCOO non dades abasto! Lidia Purgas unha lider social...

2 Seixo

Eu vouna votar, e voto AGE, pero mito, mito, tampouco, eh!

3 Ferrrolterra

Pois eu non a penso votar, porque a papeleta non pon AGE, senón IU. En cambio, en Galiza vai ver papeleta BNG e agora vexo a esta fronte política coma a organización máis centrada e seria do noso país.

16 La Rosaleda

E que carallo vós faria a vós esta mulleriña, pra estar todos de acordó, en pola asi, a parir, é unha recomendada de Beiras, non había nada mellor na feira. Pois como algo "enxebre", ademáis ó xeito de falar, á forma de vivir, a base de subvencións é de liberados sindicaís, pois volta ó mesmo, pobre Beiras, non estarías mellor xubilado.

15 antibirrias

A da foto é Bieras disfrazado de muller?

14 AGEstapiña

Compra no mesmo mercadillo que Carmen La Roja? Que algún mileurista do grupo parlamentar de Anova lle pague a perrucaria.

13 bikeplus

Como ande de idiomas igual que de imaxe mimadriña , a nova it girl de Brussels. Faltalle o pin co sacho.