Máis de 10.000 persoas comunicaron en Galicia positivo en covid-19 despois de facerse un autotest

Sanidade destaca que este método permite unha "diminución da carga administrativa que están a sufrir os centros de atención primaria".

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 04/01/2022 | Actualizada ás 17:39

Comparte esta noticia

Máis de 10.000 persoas comunicaron ata a mañá deste martes ao Servizo Galego de Saúde (Sergas) o seu positivo en covid-19 de forma telefónica tras facerse un autotest. Diso informou este martes o coselleiro de Sandiade, Julio García Comesaña, que sinalou que esta é unha das accións postas en marcha pola Consellería de Sanidade para aliviar a presión na atención primaria.

Test de antíxenos.
Test de antíxenos. | Fonte: Europa Press

Comesaña sinalou que esta "autodeclaración" de tests positivos "directamente" a través do teléfono "sen necesidade de ir ao centro de saúde" xunto coa "eliminación de PCR agás a pacientes sintomáticos" son medidas que permiten unha "diminución da carga administrativa que están a sufrir os centros de atención primaria".

"Son 10.000 PCR menos feitas e, por tanto, máis PCR feitas para outros pacientes sintomáticos por exemplo", destacou o titular de Sanidade, que tamén dixo que son "10.000 visitas aos centros de saúde menos para facer esta declaración".

O conselleiro apuntou que, "cando alguén dea positivo", o mellor que pode facer é "chamar a este teléfono" e "non ir ao centro de saúde, á PAC ou as urxencias". Unha vez comunicado o positivo, Comesaña dixo que se contactará co paciente para facer "a enquisa correspondente sobre os contactos" e "facilitar, se fose o caso, o acceso á incapacidade temporal".

Preguntado sobre se leva a cabo algún tipo de comprobación para confirmar que se trata de casos positivos, Comesaña incidiu en que se trata dunha medida para "reducir" a carga administrativa dos centros de saúde e tamén dunha aposta polo propios test de antíxenos.

"Mentres se podía facer PCR a todos os pacientes non optamos por esa solución e fomos, efectivamente, á confirmación diagnóstica pero, no momento actual, co número de casos que temos ou cos que podemos ter nos próximos días ou semanas, parécenos adecuado", sinalou.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta