As visitas guiadas ao Pórtico da Gloria incluirán unha nova oferta a partir do 7 de xaneiro

Por E.P. | Santiago de Compostela | 05/01/2022 | Actualizada ás 17:57

Comparte esta noticia

O vindeiro venres, 7 de xaneiro, comeza unha nova modalidade de visitas ao Pórtico da Gloria da Catedral de Santiago de Compostela que inclúe un percorrido guiado, cun guía profesional, ao Pórtico tras percorrer as diferentes salas e espazos do Museo e do Palacio de Xelmírez que alberga o Espazo Mestre Mateo.

O Pórtico da Gloria durante unha visita guiada nocturna na Catedral de Santiago de Compostela
O Pórtico da Gloria durante unha visita guiada nocturna na Catedral de Santiago de Compostela | Fonte: César Arxina - Europa Press.

Estas visitas, que se suman ás xa dispoñibles anteriormente, están ideadas "para engadir valor á experiencia de acceder ao espazo do Pórtico da Gloria, de maneira que se poida profundar no significado histórico e artístico deste monumento, así como a todo ol proxecto do Mestre Mateo na catedral compostelá".

Esta nova modalidade de visitas organízase os venres, sábados e domingos, en diferentes horarios, e cunha duración de noventa minutos, en grupos de entre 20 e 30 persoas. As reservas poden realizarse na web da Catedral.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta