Por Galicia Confidencial | Galicia | 07/06/2007 | Actualizada ás 13:06
No primeiro caso, Louzán estaría disposto a darlle a alcaldía á líder de Unión Condado Paradanta (UCPA), Nava Castro, a pesar de que o PP ten seis ediles e Castro, cinco. En Tomiño, tamén faría o propio co cabeza de lista de Centristas de Tomiño, Jesús Castiñeiras, que con tres ediles é a chave do goberno, aínda que os populares teñen seis. Aínda así, nos dous casos, o presidente provincial pon como condición que estes independentes se pasen a filas populares. Nembargantes, está atopanado un grande contestación interna nestas formacións, cuios concelleiros poderían non acatar as ordes da dirección provincial.
A mesma estratexa está a utilizar no Porriño, para captar o apoio de Ciudadanos por Porriño, de Nelson Santos, e de Independientes de Porriño, de Gonzalo Ordoñez, a pesar das malas relacións que existen entre os dous, xa que CpP (que conseguiu tres ediles) é unha excisión de IP, que obtivo dous, e que a súa vez se excindiu do PP nas pasadas eleccións municipais de 2003.
Louzán tamén está sondeando e realizando ofertas ós independentes de Tui, incluido o partido Acción Tudense (AT) que encabeza Miguel Ángel Capón Rey, éx alcalde popular e fortemente enfrontado co actual rexedor, Antonio Fernández Rocha e tamén a Manuel Vilar, de Coalición Miñorana en Baiona.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.