Por Galicia Confidencial | Caminha | 18/04/2014 | Actualizada ás 18:00
Se os gobernos de Portugal e España non promoven arranxos na canle de navegación entre Caminha e A Guarda, o único ferry que aínda conecta Galicia con Portugal no Miño podería "morrer".
Así o denuncia o alcalde de Caminha, o socialista Miguel Alves, que insiste na necesidade de realizar dragaxes desa canle que tanto as autoridades portuguesas como españolas prometeron desde hai tres anos. "Ou os gobernos centrais de España e Portugal toman unha actitude e deciden connosco que hai que manter a canle ou deixan morrer o 'ferryboat", dixo o rexidor.
"Caminha e A Guarda non teñen capacidade para, soas, manteren a canle do 'ferry'. Coa baixa mar non o conseguimos facer navegar. Neste momento, coa media marea, xa temos dificultades. Isto quere dicir que a situación está a empeorar, as viaxes están a baixar e os custos a aumentar. Os estados teñen que contribuír para unha solución se queren que esta sexa unha realidade aquí na foz do Miño", engadiu.
A decisión de Miguel Alves tamén é compartida polo alcalde da Guarda. Os dous teñen pedido conxuntamente que se arranxen as dificultades que, desde hai anos, arrastra o mantemento da canle de navegación do ferryboat "Santa Rita de Cássia".
Os dous alcaldes decidiron, por iso, escribir aos gobernos centrais de ambos os dous estados solicitando unha audiencia conxunta "para dar conta da situación e dos riscos que corremos". "Se non actuarmos na desentullado da canle corremos o risco de ter o 'ferry' parado no verán. Se estiver parado no verán, moi dificilmente volveremos a colocalo a funcionar", admitiu Miguel Alves.
Durante dez anos, esta función foi realizada pola Cámara de Caminha, tendo en 2008 o lado galego a responsabilidade de realizar esas tarefas, a través dunha resolución asinada entre o Goberno Civil de Viana do Castelo e a Delegación do Goberno de Galicia.
Camiña e a Guarda son os únicos concellos do Val do Miño que depende do transporte fluvial para garantir a súa conexión regular á Galiza.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.