Por E.P. | A CORUÑA | 15/01/2022 | Actualizada ás 20:08
Un mozo permanece ingresado na unidade de coidados intensivos (UCI) da Coruña tras resultar ferido grave por un apuñalamento ocorrido na madrugada deste sábado nunha zona de copas da cidade. Durante a tarde deste mesmo día, un home foi detido como presunto autor da agresión.
Segundo informan a Europa Press fontes oficiais, os feitos ocorreron pasadas as 3,00 da mañá no Orzán, cando ao parecer un mozo atacou a outro cunha arma branca. Foi sobre as 20,30 horas cando a Policía logrou atopar o presunto autor do apuñalamento.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.