A Xunta inviste 84.000 euros na dixitalización de documentos do patrimonio eclesiástico

Entre os arquivos atópanse inventarios dos bens inmobles ou información sobre partes de maior interese artístico e histórico, que pasarán a estar integrados na biblioteca Galiciana.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/01/2022 | Actualizada ás 13:44

Comparte esta noticia

A Xunta de Galicia dixitalizará máis de 105.000 documentos pertencentes ao inventario da Igrexa para polos a disposición da cidadanía. Unha actuación que se levará a cabo grazas aos fondos de Mecanismo de Recuperación e Resiliencia e que suporá un investimento de case 84.000 euros.

Os arquivos que se van dixitalizar pasarán a estar integrados en Galiciana, a biblioteca dixital de Galicia xestionada desde a Cidade da Cultura. Todo iso tras un acordo na última reunión da Comisión Mixta Xunta-Igrexa, presidida polo conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez.

Entre os 105.123 documentos atópanse fichas con inventarios dos bens inmobles ou información sobre partes de maior interese artístico e histórico como pinturas, arcos ou inscricións. Estes sumaranse aos case 2,5 millóns de documentos cos que conta Galiciana.

"A dixitalización destes documentos permitirá enriquecer o patrimonio bibliográfico dixitalizado da nosa Comunidade, á vez que se garante a súa preservación e se facilita á cidadanía o acceso a información dalgúns dos bens patrimoniais máis destacados", subliñou a Xunta nun comunicado.

Román Rodríguez na última Comisión Mixta Xunta-Igrexa.. XUNTA
Román Rodríguez na última Comisión Mixta Xunta-Igrexa.. XUNTA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta