Temas: FRASEOLOXíA

Interxeccións ou expresións interxectivas equivalentes a “¡caramba!”

O lingüista Xosé Antonio Pena Romay publica unha nova entrega da sección de fraseoloxía "Verbas sisudas non queren testemuñas".

Por Xosé Antonio Pena | Compostela | 23/01/2022 | Actualizada ás 11:00

Comparte esta noticia

Naquelas situacións da vida en que manifestamos de xeito improvisado e natural emocións tales como sorpresa, enfado, estrañeza, desgusto, ou mesmo tamén admiración, é usual que botemos man de diversas interxeccións ou expresións interxectivas, das cales, como imos ver deseguido, dispomos en bo número na nosa lingua:

Un traballador de Alcoa San Cibrao levanta o puño durante unha manifestación na que cortaron a Autoestrada A6 coa queima de pneumáticos, en Outeiro de Rei, Lugo, Galicia (España), a 22 de setembro de 2020.. Carlos Castro - Europa Press
Un traballador de Alcoa San Cibrao levanta o puño durante unha manifestación na que cortaron a Autoestrada A6 coa queima de pneumáticos, en Outeiro de Rei, Lugo, Galicia (España), a 22 de setembro de 2020.. Carlos Castro - Europa Press

¡Caramba! && ¡Caray!

{= Interxeccións con que se pode manifestar sorpresa, enfado, estrañeza ou desgusto, ou mesmo admiración.}

¡Carafio!

¡Caramba!

¡Recoiro!

¡Coiro!

¡Concho!

¡Contro!

¡Contra!

¡Reconcho!

¡Recontro!

¡Recontra!

¡Caraina(s)!

¡Carano!

¡Carámbanas!

Ex.: ¡Caramba con el chaval, qué tontería ha cogido desde que se fue a estudiar a Santiago!

¡Carafio Recoiro Contra Concho Contro Reconcho Recontra Carainas Carano Carámbanas co raparigo, qué borra colleu desde que foi estudar a Santiago!

● Tamén:

¡Arrea! && ¡Arre co! && ¡Arre concho! && ¡Arre contro! && ¡Arre bi! && ¡Arre bina! && ¡Arre demo! && ¡Rapen os demos # os diaños!

Ex.: ¡Caramba, chico, cómo eres! Deja que la niña venga a las doce, como el resto de la chavalada, ¿o quieres que sea la paria del grupo?

¡Arrea Arre co Arre concho Arre contro Arre bi Arre bina Arre demo Rapen os demos, meu home, ti tamén que tal es! Deixa que a meniña veña ás doce, coma o resto da rapazada, ¿ou queres que sexa a paria do grupo?

● Tamén, se cadra asociadas a un menor grao de uso –ou mesmo de coñecemento– e a unha carga expresiva que pode dar a impresión de ser así como menos forte, ou máis relambida, lene ou moderada:

¡Canastos! && ¡Carape! && [E INDA TAMÉN]: ¡Canastos! && ¡Cáspita! && ¡Atiza! && ¡Cielos! && ¡Córcholis! && ¡Recórcholis!

¡Caracho! && ¡Caracha! && ¡Caracio! && ¡Carafe! && ¡Caranio! && ¡Carapio! && ¡Carrizo! && ¡Codio! && ¡Caraida! && ¡Coia! && [E INDA TAMÉN]: ¡Caráspita # Caráspeta! && ¡Caráfita # Caráfeta! && ¡Carástolas!

● E mais tamén, asociadas a rexistros máis populares, ou mesmo vulgares:

¡Carajo! && [E MAIS]: ¡Coño!

¡Carallo! && ¡Caralla! && ¡Arre carallo! && ¡Arre caralla! && [E MAIS]: ¡Cona! && ¡Cono! && ¡Arre cona! && ¡Arre cono!

● E nestes mesmos rexistros, inda que probablemente un tanto máis suavizadas en canto á súa carga popular-vulgar:

¡Caralliñas! && ¡Carallou! && ¡Carallete! && ¡Carallete de mico! && ¡Arre bicha!

NOTAS:

1. Polo que atangue á secuencia interxectiva ¡arre co!, cómpre comentar que este “co” pronúnciase con “o” pechado.

2. Téñase así mesmo en conta que pode haber contextos, asociados a ámbitos de uso familiares e coloquiais, en que tamén se recorre a locucións interxectivas introducidas pola secuencia “¡cago en...! (ou mesmo “me cago en...” se se entende que esta estrutura castelá xa debe formar parte, como calco, do acervo lingüístico galego):

¡Cago na gloria # no ceo # na lúa # no arroz # na Mari Luz # etc.!

Ex.: ¡Caramba, cómo ha cambiando el tema!: así que, antes, todos los partidos políticos eran para él una mierda, y ahora va el menda y se presenta a la alcaldía. ¡Tócate los cojones!

¡Cago na gloria no ceo # na lúa no arroz, como che cambiou o conto!: así que, antes, todos os partidos políticos eran unha merda, e agora vai o guicho e preséntase á alcaldía. ¡Tócalle o carallo!

3. E obsérvese tamén que en non poucos contextos estas secuencias interxectivas poderían confluír ou ser trocables –cando menos en ámbitos de uso familiares e coloquiais– coas que abordaremos na vindeira entrega, que son aquelas que en trazos xerais se virían a corresponder coa castelá ¡manda cojones!

4. As expresións galegas están tiradas das seguintes fontes:

- Recolleita propia da oralidade galega.

- Recolleita propia documental (artigos de prensa, artigos ou comentarios na Rede, obras escritas, folletos publicitarios, etc.).

- Acevedo y Huelves, Bernardo & Fernández y Fernández, Marcelino: Vocabulario del bable de occidente. Publicado en 1932. Consultado no Dicionario de Dicionarios da lingua galega (dirixido por Antón Santamarina).

- Carré Alvarellos, Leandro: Diccionario galego-castelán. De entre 1928 e 1931. Publicado por entregas en 1926. Consultado no Dicionario de Dicionarios da lingua galega (dirixido por Antón Santamarina).

- Cuns Lousa, Xulio: “Rabusco”. En Anuario Brigantino, 12, 1989, páxs. 259-287.

- Franco Grande, Xosé Luís: Engadidos inéditos ó Diccionario galego-castelán (1972-). Consultado no Dicionario de Dicionarios da lingua galega (dirixido por Antón Santamarina).

- Goce Denis, Amparo: “Parucadas: un ‘dialecto’ vivo nacido en Baiona”. Blog no enderezo de Internet http://parucadas.blogspot.com/

- Hermida Alonso, Anxos: “Fraseoloxía de Matamá (Vigo)”. En Cadernos de Fraseoloxía Galega, 11, 2009, páxs. 283-304. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.

- Ibáñez Fernández, José: Diccionario galego da rima e galego-castelán. Publicado en 1950. Consultado no Dicionario de Dicionarios da lingua galega (dirixido por Antón Santamarina).

- Pintos Villar, Juan Manuel: Vocabulario gallego-castellano. Datado cara a 1865. Consultado no Dicionario de Dicionarios da lingua galega (dirixido por Antón Santamarina).

- Real Academia Galega: Dicionario da Real Academia Galega. Edición en liña.

- Rivas Quintas, Elixio: Material lexicográfico da súa elaboración consultado no Dicionario de Dicionarios da lingua galega (dirixido por Antón Santamarina):

a. Frampas, contribución al diccionario gallego, publicado en 1978.

b. Frampas II, contribución al diccionario gallego, publicado en 1988.

c. Frampas III, contribución al diccionario gallego, inédito e cedido polo autor para o Diccionario de diccionarios da lingua galega.

- Rodríguez González, Eladio: Diccionario enciclopédico gallego castellano, vols. I (1958), II (1960) e III (1961). Consultado no Dicionario de Dicionarios da lingua galega (dirixido por Antón Santamarina).

- Santamarina, Antón (dir.) & Ernesto González Seoane & María Álvarez de la Granja: Tesouro informatizado da lingua galega (TILG). (Versión 4.1). Santiago de Compostela. Instituto da Lingua Galega.

- Valladares Núñez, Marcial: Diccionario castellano-gallego. Publicado en 1884. Consultado no Dicionario de Dicionarios da lingua galega (dirixido por Antón Santamarina).

Temas: FRASEOLOXíA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta