Interior admite que Resistencia Galega non participou nos disturbios en Madrid

Tras acusar a "radicales próximos al independentismo gallego" de ser os protagonistas dos fortes incidentes nas marchas da dignidade, o Ministerio culpará mañá a activistas anarquistas.

Por Galicia Confidencial | Madrid | 22/04/2014 | Actualizada ás 19:46

Comparte esta noticia

"Resistencia Galega está tras los incidentes más graves del 22-M", titulaba o diario El Mundo o 25 de marzo. Este titular é só un exemplo da ofensiva mediática que culpou a galegos dos disturbios tras as marchas da dignidade.

Galegos na Marcha da Dignidade en Madrid
Galegos na Marcha da Dignidade en Madrid | Fonte: Miguel Núñez

Outros medios como ABC, El País ou a Cadena Ser tamén situaron a Resitencia Galega no punto de mira, citando fontes policiais sen identificar que falaban de "radicales próximos al independentismo gallego". Isto sucedeu malia a evidencia que as organizacións máis independentistas do país mantivéronse completamente á marxe desta mobilización.

Agora é a mesma Policía Nacional quen desbota a participación desta organización, segundo datos publicados este serán por varios medios de comunicación. O Ministerio do Interior filtrou hoxe que mañá o director xeral da Policía presentará probas que culpan dos incidentes a manifestantes de ideoloxía anarquista. En concreto a grupos insurrecionalistas vencellados co  Comando Insurreccionalista Mateo Morral, desmantelado o ano pasado tras unha bomba na Basílica do Pilar en Zaragoza.

Dos dezasete detidos na capital do Estado, unicamente un era galego. En concreto, un mozo do Carballiño que denunciou malos tratos durante o día que estivo detido antes de ser libertado sen cargos.

Culpar a Resistencia Galega dos incidentes serviu para afastar o foco de atención sobre a polémica actuación da policía o 22M. Varios sindicatos policiais alertaron da improvisación do dispositivo de seguridade.

Os servizos de emerxencia dixeron que máis de 100 persoas, a maioría policías, resultaron feridas tras os incidentes daquel domingo. Un dos 17 detidos segue en prisión, acusado de intento de homicidio a un antidisturbios.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 21 comentarios

8 Esteiro

Unha pregunta: que ten a ver que o Ministerio de Interior recoñeza que intoxicou e mentiu sobre RG e o 22M con Beiras? Non comprendedes que tanta fobia non delata máis ca unha xenreira case que patolóxica? Non vos deberiades alegrar polo desvelamento das mentiras de Madrí?

1 Comunista

Non é fobia. A única estratexia do BnUpG é atacar AGE. No fondo traballan para o Pp/PsoE. Son os seus cans rabiosos. Para alén, os centos de liberados a soldo da UPyG no BnG e na Polí-CIG ven perigar as súas liberacións co suceso de AGE. Todo concorda.

7 LKI

Se non intoxican os trolls a soldo do BnUpG e da poli-CIG, intoxican os seus mecenas do Ministerio de Interior espaÑol e os seus medios de manipulación. Tanto ten, cobran das mesmas partidas orzamentarias. Todos viven de EspaÑÑÑÑÑa.

1 XLAudiFerrin

Vaite dar unha volta por Moaña, Baixo Miño, Gondomar, Nigran, Redondela, Ourense, Vigo... e convida a unha de vieras al ajillo aos teus ex-camaradas, a ver si os convences de algo, que a nos, ha, ha, ha, o conto das vacinas e os falsos ERES, oa hamijos da BANKIA de Blesa non acaban de prestarnos. A chorar a Cangas con Dona Rogelia, outro independentista coma tí.

2 Galicia Rojí

Si é por consiguiente, mellor roja que rota: Arriba IU Lidia Sienrra y José Antonio!

6 ferrolita=matahari

o AGE o comunistas independentista o EXPAÑOLISTA IUDEPENDENTISTA, os ^vieiristas renegadores, xa estan autoretratados diante do pobo galego, nin o traidoro EFIALTES das ^vieiras foi a manifa expañolenta de interes expañolento e que foi un fracaso total! NON TRAERON NADA PARA GALIZA os mui animalotes, tontos utiles do expañolismo e da politica expañolista VIDEO DE BILDU PARA QUE APRENDAN OS RENEGADORES: https://www.youtube.com/watch?v=AYC...

5 Comunista de salón

É un invento porque o publica o ABC isto non aconteceu nunca http://www.abc.es/local-galicia/201...

4 Comunista

Está claro que o obxectivo era criminalizar AGE en xeral e a esquerda independentista en particular (Anova, CUT,...) que foron as galegas e os galegos que se movilizaron o 22-M. A estratexia intoxicadora dos trolls a soldo do BnUpG non é suficiente, precisa dun pulo manipulador do ministerio de interior español e dos seus medios de propaganda.

1 O Manchegófilo

Os que estamos e non chegamos vimos o voso garbeo castizo con máis manolas que pólvora, e o respecto aos horarios da Renfe, marchando cediño. Os conflictos cos vosos primos da aldea que estudiaron, as FOP, son trivialidades de familia.

2 DoutorToba

A estas alturas, e despois das proprias declaracións do 50 % de Anova, falar de "esquerda independentista (anova cut) é de coña. Esmerda Iudependentista unida al PP de Estremadura é o nome máis acaído para os seareiros de Cayo Vieras