Investigado un veciño de Vilagarcía por partir un caixeiro automático a golpes

A Garda Civil indica que se debeu, probablemente, a un "acaloramento" mentres realizaba as súas xestións.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/01/2022 | Actualizada ás 13:15

Comparte esta noticia

A Garda Civil, en colaboración con efectivos da Policía Local de Vilanova de Arousa (Pontevedra), identificaron a un veciño de Vilagarcía de Arousa de 37 anos como presunto autor dos danos, supostamente intencionados, que causou no caixeiro automático dunha oficina bancaria da mesma localidade.

Segundo informou o Instituto Armado, as investigacións, coordinadas por efectivos do Posto de Vilagarcía de Arousa, iniciáronse por mor da información facilitada por dous veciños a unha patrulla da Policía Local de Vilanova de Arousa, que observaron como esta persoa "golpeaba de forma violenta o caixeiro automático" dunha oficina bancaria situada nunha céntrica rúa da mesma localidade.

As mesmas fontes indicaron que se trata dun veciño de Vilagarcía de 37 anos que, debido posiblemente "a un momento de acaloramento ante o caixeiro", golpeouno " bruscamente coa man, rompendo o cristal frontal do monitor", engade a Benemérita. Os danos causados están pendentes de valorar pola entidade bancaria, cuxo representante formulou a correspondente denuncia dos feitos. Unha vez localizado o autor, notificóuselle a súa condición de investigado como presunto autor dun delito de danos contra a propiedade.

As dilixencias instruídas entregáronse no xulgado de Instrución de garda de Vilagarcía de Arousa, onde deberá comparecer cando sexa requirido pola autoridade xudicial. O Instituto Armado destaca que, dentro das investigacións, "foi fundamental a colaboración cidadá", que, valora, "de maneira incesante comunica á Garda Civil multitude de datos" e que se desenvolve principalmente a través do teléfono 062, do portal de Internet 'Colabora' deste corpo e dos perfís oficiais nas redes sociais do mesmo.

Caixeiro automático en Vilanova de Arousa danado.. GARDA CIVIL
Caixeiro automático en Vilanova de Arousa danado.. GARDA CIVIL | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta