Sufriu unha indisposición e tivo que ser auxiliado por outros bañistas antes de ser trasladado ao CHUS.
  comenta   0
A pesar de recoñecer que a cantidade de droga incautada "non é moi importante, por agora", Losada subliñou que esta rede estaba no punto de mira dos axentes pola súa "capilaridade".
  comenta   0
Así o asegurou durante a súa intervención no xantar conmemorativo dos 30 anos de goberno do PP de Vilanova de Arousa con Gonzalo Durán á fronte, un acto no que estivo acompañado tamén pola secretaria xeral dos populares galegos, Paula Prado, e o presidente provincial do PP de Pontevedra, Luís López.
  comenta   0
A Policía Nacional e a Garda Civil de Pontevedra detiveron o pasado xoves a tres persoas no municipio pontevedrés de Vilanova de Arousa acusadas dun delito de tráfico de drogas en concorrencia doutro de pertenza a grupo criminal tras serlles incautados uns 200 gramos de diferentes estupefacientes.
  comenta   0
Un home de 34 anos, veciño de Carril, resultou ferido este luns tras ser agredido na cabeza cun machete na localidade de Vilanova de Arousa.
  comenta   0
Comezou aos 23 anos no marisqueo a pé polo mesmo motivo que moitas outras mulleres: a conciliación. Non tardou en darse conta de que había moitas cousas que mudar no sector do mar para acadar a igualdade real, unha igualdade que aínda a día de hoxe está moi lonxe de acadarse. Das 63 confrarías que hai en Galicia, só 4 están lideradas por mulleres. María José foi durante 8 anos patroa maior en Vilanova de Arousa, onde puido comprobar en primeira persoa "o machismo que hai no sector".
  comenta   0
O GC desprázase ata as inmediacións da praia do Rego do Alcalde para observar como é o lugar onde os sete albaneses detidos a pasada semana cando trataban de introducir en Galicia un alixo de 1.100 quilos de cocaína abandonaron a súa semirríxida ao verse cercados pola policía.
  comenta   0
Descargas masivas de droga a través de buques mercantes e narcosubmarinos apuntan a unha renovada organización do narcotráfico en Galicia que xa non depende xa nin de clans galegos, nin de clans colombianos. Agora instálanse no noso país as bandas do Este, principalmente, albaneses e kosovares. Falamos co xerente da Fundación Galega contra o Narcotráfico, Fernando J. Alonso, sobre o asunto.
  comenta   0
O seu X-FLR6, que foi quen de levar ao intrépido reporteiro á Lúa dúas décadas antes de que a pisase o Apollo 11, da NASA, xa se pode visitar en Vilanova de Arousa.
  comenta   0
Conta con máis de 10 metros de longo e ademais de representacións propias destas datas inclúe espazos para a reivindicación dos oficios tradicionais e do mundo rural.
  comenta   0
O operativo conxunto entre Policía Nacional, Garda Civil e Servizo de Vixilancia Aduaneira contra o narcotráfico, que se desenvolveu este mércores na Coruña, O Salnés e Portugal, saldouse polo momento con case 20 detidos.
  comenta   0
O motivo do desacordo está en relación cos criterios para determinar os días considerados con dereito á prestación económica por paralización temporal, así como polo importe resultante da axuda a percibir por cada mariscadora.
  comenta   0
O Goberno galego abrirá unha nova liña de axudas de 1,2 millóns de euros destinada a mariscadores, cofinanciadas nun 70 % polo Fondo Europeo Marítimo, por suspensión de actividade.
  comenta   0
Lugares Máxicos é unha xira que leva case unha década percorrendo distintos emprazamentos de Galicia e fóra dela pondo en valor o seu patrimonio musical e arquitectónico.
  comenta   0
A notificación deste foco, ao afectar exclusivamente a aves silvestres, non implica cambios no status sanitario de Galicia en relación á influenza aviaria, nin supón ningunha restrición ou medida adicional con respecto ao comercio de aves vivas ou produtos avícolas derivados con orixe en Galicia.
Estes complexos non son centros comerciais ao uso, non hai varias tendas dentro ás que se acceda por unha zona común, senón que se trata de varias naves pegadas entre si de grandes empresas ás que se accede dende o aparcadoiro común, como acontece co Costa Vella Mall en Santiago ou co Nasas de Nigrán.
  comenta   0
En total, do propio illote retiráronse 100 quilos de lixo mariño e 40 quilos de 'Carpobrotus edulis', unha especie exótica invasora, coñecida como uña de gato.
  comenta   0