As Pontes, no centro dun estudo da Xunta para levantar unha fábrida de pneumáticos cunha compañía chinesa

O vicepresidente segundo da Xunta, Francisco Conde, sinala que é unha "demostración clara de que Galicia está a identificar oportunidades".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/01/2022 | Actualizada ás 16:46

Comparte esta noticia

O vicepresidente segundo da Xunta e conselleiro de Economía, Francisco Conde, explicou que "desde hai un ano" a Xunta analiza a "viabilidade" e os "impactos medio ambientais e patrimoniais" da instalación dunha fábrica de pneumáticos na localidade das Pontes, afectada o peche da central térmica.

O proxecto, segundo transcendeu, promóveo a empresa chinesa Sentury e suporía, segundo as estimacións que deron, uns 500 millóns de euros de investimento. "É un proxecto importante e de relevancia para Galicia. Levamos preto dun ano cos investidores para analizar a viabilidade e os impactos ambientais e patrimoniais, para poder garantir que sexa un proxecto viable", apuntou o vicepresidente segundo da Xunta.

Para Conde, trátase dunha "demostración clara de que Galicia está a identificar oportunidades" e de que Galicia "está a ser atractiva para desenvolver novos investimentos". "E por tanto, imos seguir con ese estudo de viabilidade e traballar, se pode ser viable e xerar oportunidades, na creación de emprego e aproveitar os fondos europeos, para que haxa novos proxectos que xeren emprego nun contexto de transición xusta", apostilou.

A CEG TAMÉN DÁ A BENVIDA A INVESTIMENTOS

Preguntado por esta cuestión en rolda de prensa, o presidente da Confederación de Empresario de Galicia (CEG), Juan Manuel Vieites, sinalou que "todo o que sexa reindustrialización de Galicia" desta ou calquera outra empresa que lle "consta" que está a propor facer investimentos neste concello, é benvida.

O representante dos empresarios galegos defendeu de pasar dun 13 a un 20 por cento de peso da industria en Galicia e chamou a atención sobre os territorios que están "debilitados" industrialmente, como comarcas de Ourense e Lugo para as que se "deben buscar" investimentos para unha maior industrialización.

O vicepresidente segundo da Xunta, Francisco Conde. XUNTA
O vicepresidente segundo da Xunta, Francisco Conde. XUNTA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta