Por Galicia Confidencial | Galicia | 12/06/2007 | Actualizada ás 21:38
Detrás destes desencontros tamén se agochan tensións dentro dos respectivos grupos municipais. No PSdeG de Lugo hai unha forte oposición a pactos co BNG, una posición que encabeza o propio Orozco, pero tamén acontece o mesmo na formación nacionalista, especialmente, nun sector da UPG.
O propio conselleiro de Industria e ex concelleiro en Lugo durante o goberno de coalición de 1999-2003 tamén amosou a súas dúbidas no Consello Nacional do pasado sábado ante a posiblidade dun pacto cos socialistas en Lugo.
De feito, as diferencias que manteñen ambos grupos na cidade fan peligrar non só o pacto na cidade, senon tamén na propia deputación. Durante as conversas das comisións negociadoras da pasada semana, decidiuse deixar fora do pacto un acordo sobre as deputacións, precisamente, polos grandes problemas que ambos amosaron para consensuar unha fórmula para Lugo.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.