Temas: TREN BNG FERROL

O BNG reclama implantar o tren de proximidade na área urbana da Coruña

Di que a Coruña xa dispón de "elementos básicos" para a súa implantación.

Por E.P. | A CORUÑA | 24/01/2022 | Actualizada ás 13:16

Comparte esta noticia

O BNG rexistrou iniciativas no Congreso para reclamar que se implante o servizo ferroviario de proximidade na Coruña e a súa contorna, incluíndo as conexións con Ferrol e Santiago.

O deputado nacionalista, Néstor Rego, demanda modernizar as infraestruturas e reactivar os apeadeiros e tramos urbanos da vía que foron abandonados para dar cobertura aos principais núcleos de poboación, segundo informa a formación.

"A Coruña xa dispón dos elementos básicos para implantar un servizo de proximidade, similar aos que xa funcionan na práctica totalidade das áreas metropolitanas do Estado español", incide Rego.

Un servizo, engade, "que podería mellorarse coa electrificación e desdobramento da vía, a rehabilitación dos tramos abandonados, a reconstrución e acondicionamento dos apeadeiros ferroviarios, a habilitación de zonas de aparcamento gratuíto na proximidade das estacións ou apeadeiros, a mellora dos accesos e o aumento de puntos de cruzamento".

O deputado do BNG no Congreso Néstor Rego. BNG
O deputado do BNG no Congreso Néstor Rego. BNG | Fonte: Europa Press

Temas: TREN BNG FERROL
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 7 comentarios

4 DGGb

Necesítao máis Vigo e a súa área, pero para o BNG só existe o eixe Coruña-Santiago.

1 Ferroviario

Entre Pontevedra e Vigo xa hai vinte trens ao día, por sentido, os días laborables. Se se fai a saida sur ( Urzaiz - Porriño) poderíase facer una liña Pontevedra - Redondela- Vigo Urzaiz - Porriño - Tui, con frecuencias cadenciadas.

3 Gamela

Hai un ano tentei atopar un billete de tren entre Vigo e Sarria... (cousas veredes) A solución era ir de Vigo a Coruña, agardar a liña de Madrid e baixar en Sarria (5 h 30') Tampouco tiña présa pero cando intentei reservar praza para a miña bicicleta a cousa xa foi imposible... Podía reservar bici para o billete de ida... pero era totalmente imposible reservar bici no billete de regreso Sarria-Coruña-Vigo (a ver como lle conto ao interventor que chega de Madrid, que eu quero levar a bici conmigo ata Vigo) Non é broma, fixen as xestións pero Renfe dixo que este servizo era imposible ! Ao mellor non é cuestión de grandes liñas de cercanías, senon de algo máis de Sentido Común.... pero pedirlle Sentido Común á Renfe é cousa punto menos que IMPOSIBLE !

1 Ferroviario

Pero é que de Vigo a Sarria non hai nengunha liña directa, os enlaces son complicados. O da bici é un tema de xestión,, porque nos trens de media distancia hai sitio dabondo para bicis. E de Sarria Coruña os trens non veñen de Madrid senón de Monforte, así que o interventor non ven de Madrid.

2 Gamela

Graciñas por aclararme que o tren viña de Monforte (cando xestionaba vía correo-e con Renfe non foron quen de explicarme nada!) ;-) Efectivamente se tivesemos unha xestión eficaz seguro que teríamos unha mellor imaxe do transporte ferroviario !

2 Ferroviario

A vía mais idónea para establecer un servicio de cercanías é a de Coruña a Ferrol, pola proximidade dos núcleos urbáns as estacións. E una liña case " maldita", e hoxe ten tres-catro servicios por sentido ao día, algo ridículo. Sen una modificación do trazado , e o bye pass de Infesta é imposible baixar o tempo de percorrido. Con todo, permite chegar de Coruña a Infesta nuns 25 minutos, se se fai sen paradas, ou de Ferrol a Pontedeume nuns 15 - 20 minutos, tamén sen paradas.

1 Ferroviario

Tería sentido entre Coruña e Ferrol, pero, para nada entre Coruña e Santiago, cidades entre as que xai un servicio ferroviario que fai o traxecto en 25 minutos. Lembremos que as estacións entre Coruña e Santiago ( Uxes, Cerceda e Ordes) agás Uxes, están moi lonxe dos pobos, especialmente Ordes. Os apeadeiros que existían na liña vella de Coruña a Santiago moitos non viron subir un viaxeiro en moitos anos. Entre Coruña - Santiago e Vigo xa hai doble vía electrificada. Feitos básicos, pero seica non coñecidos por todos.