Unha sentencia obriga á Xunta a rectificar tras "vulnerar o principio de igualdade" dunha empregada

CSIF celebra o fallo que permitirá á administrativa traballar dende o seu domicilio.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/01/2022 | Actualizada ás 15:00

Comparte esta noticia

Golpe xudicial á Xunta de Galicia por negarlle o dereito a teletraballar a unha empegada administrativa. O sindicato CSIF, que se personou na causa, vén de explicar que a sentencia, xa firme, "pon en evidencia a conculcación do principio de igualdade por parte da Xunta" e, á parte, recoñece o telebraballo en postos de rexistro e información, de acordo coa propia regulación autonómica.

Sede administrativa da Xunta de Galicia en San Caetano.. XUNTA - Arquivo
Sede administrativa da Xunta de Galicia en San Caetano.. XUNTA - Arquivo

A problemática comezou cando esta traballadora, que exerce nun "ente instrumental" dependente de Medio Ambiente, solicitou poder desenvolver as súas funcións parcialmente dende o domicilio, cuestión que foi negada porque o informe da Dirección Xeral de Avaliación e Reforma Administrativa (dependentes da Consellería de  Facenda) aplicou a orde que regula o teletraballado "de forma restritiva" e, de acordo co sindicato, "non tivo en conta os supostos demostrados de excepcionalidade".

Dende CSIF apuntan así ao artigo 3.2 da orde 14 de decembro de 2020 que regula o teletraballo e establece que non serán susceptibles de ser desempeñados neste réxime os postos en oficinas de rexistro e atención e información á cidadanía, que impliquen o manexo de información e acceso a datos non dixitalizados, ou que esixan necesariamente a prestación de servizos presenciais.

 

A orde, explican, establece, con todo, algunhas excepcións, naqueles casos nos que o traballador conte cun informe favorable conxunto do ente ao que pertence --circunstancia que se deu neste caso-- e dos centros directivos competentes en materia de función pública e avaliación e reforma administrativa que así o recoñeza.

 

Así foi que CSIF formulou demanda por considerar que se trata dun caso claro de vulneración do dereito á igualdade desta traballadora en relación con outras das súas mesma categoría e funcións ás que si se lles concedeu a modalidade do teletraballo; de feito, as 12 compañeiras do cadro de persoal do seu departamento xa o tiñan recoñecido.

 

A sentenza recoñecería así que a denegación por parte da Administración vulnera o artigo 14 da CE. Para o sindicato trátase dun fallo "de especial importancia por supoñer un logro máis na defensa e respecto dos dereitos dos traballadores, especialmente en todo o que ten que ver con dar pasos cara á conciliación da vida familiar e laboral, para o que o teletraballo é unha importante ferramenta".

 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta