A Igrexa, disposta a regularizar tan só o 0,1% das máis de 7.000 propiedades irregulares que ten en Galicia

Está disposta a regularizar só nove propiedades.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 25/01/2022 | Actualizada ás 20:35

Comparte esta noticia

A Igrexa ábrese a regularizar en Galicia menos dunha decena (un 0,1%) das 6.867 propiedades que, baixo a vixencia da reforma impulsada polo Goberno de José María Aznar, abriu a porta a centod de inmatriculacións por todo o territorio do Estado español entre os anos 1998 e 2015.

O presidente do Goberno, Pedro Sánchez, e o presidente da Conferencia Episcopal Española, Juan José Omella, na sede da CEE
O presidente do Goberno, Pedro Sánchez, e o presidente da Conferencia Episcopal Española, Juan José Omella, na sede da CEE | Fonte: Goberno de España.

Na pasada xornada fíxose un público un acordo entre o Goberno de España e a Conferencia Episcopal mediante o que esta se comprometía a facilitar a regularización de case un milleiro de propiedades nas que, tras unha revisión en profundidade, a propia Igrexa recoñece problemas coa titularidade dos mesmos.

No caso galego, os cálculos do Goberno situaban en máis de 7.000 as inmatriculacións, pero o informe publicado na súa web pola Conferencia Episcopal rebáixaa a 6.867, cuxo rexistro considera ímplicitamente adecuado aínda por unha vía lexislativa non exenta de polémica social e política.

Nel aclárase que 111 inmobles foron en realidade adquiridos nun período distinto ao que está no foco da investigación e que outros 96 foron adquiridos mediante compravenda, doazón, permuta, herdanza ou outras vías diferentes á inmatriculación, polo que non deberían figurar na listaxe.

Ademais, a Conferencia Episcopal fai constar un inmoble duplicado en Galicia e sitúa, en consecuencia, o foco da regularización pendente en nove propiedades, empezando por desligarse dunha vivenda rústica na Veiga (Ourense), dependente no seu día da Diocese de Astorga, e que, segundo o informe, foi vendida en 2007, polo que se desvincula da súa titularidade.

Así mesmo, sinala que o Mosteiro de Santa Clara en Allariz pertence á Comunidade Relixiosa de Clarisas e un solar situado en Mondariz-Balneario (Pontevedra), á Congregación Misioneira do Divino Mestre.

E no apartado de bens sobre os que faltan datos para identificar se son da súa titularidade ou non sitúa un piso en Narón (A Coruña), vinculado á Diocese de Mondoñedo-Ferrol; e un total de catro terreos e un "atrio/capela", todos eles situados en Vigo, a localidade galega con máis inmobles nesta situación.

O PAPEL DOS CONCELLOS

Á espera de ver como se concreta o proceso, o Goberno central informou que se trasladaría esta información á Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) para proceder a unha regularización de propiedades que a Igrexa se comprometeu a "facilitar".

O asunto das inmatriculacións remóntase ao ano 1998, cando o entón presidente do Goberno José María Aznar levou a cabo unha reforma da Lei Hipotecaria, pola que se suprimiu a prohibición de inscrición dos templos destinados ao culto católico.

Desta forma, desde 1998 ata o ano 2015 a Igrexa católica española tivo a posibilidade de inmatricular bens, rexistralos por primeira vez, de acordo con esta reforma da lei hipotecaria.

Aínda que, en 2015, durante o goberno de Mariano Rajoy, derrogouse este sistema e a Igrexa católica deixou de ter esta posibilidade.

Dous anos despois, en abril de 2017, o Congreso dos Deputados aprobou unha proposición non de lei para urxir ao Goberno a achegar unha relación dos bens inmatriculados pola Igrexa católica no período de 1998 e 2015.

Finalmente, foi en febreiro de 2021 cando o Goberno, xa con Pedro Sánchez como presidente, fixo público esa listaxe. En concreto, segundo esta lista, a Igrexa católica en España inmatriculó un total de 34.961 bens desde 1998 ata 2015.

A entón vicepresidenta primeira do Goberno e ministra da Presidencia, Relacións coas Cortes e Memoria Democrática, Carmen Calvo, precisou que estas inmatriculacións fixéronse "á luz da legalidade".

NEGOCIACIÓN E VONTADE DE EMENDAR "ERROS"

Desde entón, produciuse unha negociación entre a Igrexa e o Estado consistente en verificar que todos os bens que aparecen na listaxe son os que se efectuaron conforme á lei e emendar erros, como poden ser rexistros que figuren duplicados, bens inscritos noutro período de tempo ou que se enajenaron.

A CEE realizou este estudo a través de consultas ás dioceses, que consistiu na catalogación dos bens, a súa división por diocese e verificación dos procesos de inmatriculación en cada un dos bens mencionados.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 Gamela

A propiedade da Catedral de Santiago seica non se pode discutir... Pero tampouco se vai discutir o negocio da Fundación Catedral con 20 € por cabeza para visitar a Catedral ? Nin siquera podemos acceder ao Pórtico da Gloria sen pagar !!! A ver cando se atreven a cobrar polas hostias da comunión ?

1 Gamela

Sánchez queda ben e non gasta un peso... Pasarlle a bola á FEMP (Abel Caballero) é o mesmo que dar por boas tódalas inmatriculacións da igrexa católica ! En Vigo temos un bo negocio grazas á creación dunha Fundación Eclesiática que roubou o Patrimonio da Orde dos Misioneiros Pobres (a favor da archidiócese de Barcelona) https://flic.kr/p/RboG8y Hoxe todo está nas mans do Cardeal Omella ! Pedrito segue mirando para Cuenca...?