Seis anos de cárcere para un un home por abuso sexual á neta da súa parella

O tribunal tamén lle impuxo ao home a pena de oito anos de liberdade vixiada e a prohibición de aproximarse e comunicarse coa vítima durante dez anos.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/01/2022 | Actualizada ás 16:17

Comparte esta noticia

A Audiencia Provincial da Coruña, con sede en Santiago, condenou a seis anos de prisión a un acusado de abusar sexualmente de forma continuada, entre 2009 e 2011, da neta, menor de idade, da que entón era a súa parella. Nos feitos probados do fallo, figura que o home convivía no domicilio familiar da súa parella e da neta desta. Nesa vivenda nun municipio do partido xudicial de Santiago e na propia casa do home, en Vigo, realizou tocamentos vaxinais á nena, cando tiña 7 ou 8 anos.

Igualmente, a Sala considera probado que o agora condenado obrigaba á nena a practicarlle masturbacións, entre outros abusos sexuais. En 2018, cando a menor tiña 15 anos denunciou os feitos, por entón a avoa xa non tiña relación co individuo. O tribunal tamén lle impuxo ao home a pena de oito anos de liberdade vixiada e a prohibición de aproximarse e comunicarse coa vítima durante dez anos.

Ademais, o condenado deberá indemnizar con 12.000 euros á afectada polos danos causados. Contra o fallo cabe interpor recurso ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG).

Xulgados de Santiago de Compostela. EUROPA PRESS - Arquivo
Xulgados de Santiago de Compostela. EUROPA PRESS - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta