Declaran extinguido o incendio de Viana do Bolo que queimou case 14 hectáreas de monte

As queimas agrícolas e forestais de particulares quedan prohibidas desde as 00,00 horas deste sábado as queimas agrícolas e forestais debido ás condicións meteorolóxicas.

Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 27/01/2022 | Actualizada ás 19:19

Comparte esta noticia

Un incendio forestal queimou 13,5 hectáreas no municipio de Viana do Bolo, na parroquia de Pradorramisquedo, segundo as estimacións da Consellería de Medio Rural.

O lume comezou ás 14,31 horas deste xoves e quedou extinguido un catro horas despois, ás 18,51 horas. Toda a superficie afectada é de monte raso

A Consellería de Medio Rural informa de que no lugar traballaron dous axentes, dúas brigadas e un helicóptero.

Precisamente, as queimas agrícolas e forestais de particulares quedan prohibidas desde as 00,00 horas deste sábado as queimas agrícolas e forestais debido ás condicións meteorolóxicas. Isto implica que, desde este xoves, non se expedirán máis permisos e os que xa foron concedidos quedarán en suspenso desde o próximo fin de semana.

Fila de brigadistas. MARTA VÁZQUEZ
Fila de brigadistas. MARTA VÁZQUEZ | Fonte: EUROPA PRESS - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta