A Sociedade Galega de Historia Natural alerta de que as limpezas de ríos e as podas de árbores que se están a facer nesta época do ano coinciden co período de cría de numerosas especies, polo que pide a paralización inmediata destas actuacións. O propio refraneiro popular galego dá conta do 'casamento' dos paxaros durante a Candeloria, a comezos de febreiro, polo que as primeiras crías chegan en marzo.
  comenta   0
Alega que toma esta decisión por "non existir neste momento procesual indicios suficientes de criminalidade contra as devanditas persoas sen prexuízo da súa solicitude de parte ou adopción por este órgano xudicial segundo avance a investigación e sobre todo se practiquen as declaracións dos investigados así como a recepción do oficio que se remitirá ao Concello de Vigo".
Foi na madrugada do venres para o sábado, 3 de agosto, cando un mozo de 36 anos faleceu nas festas de Matamá, en Vigo, tras romper un brazo dunha atracción de feira e quedar encaixado na estrutura.
O grupo municipal do PSOE ofreceu unha rolda de prensa na que detallou os pasos dados polas formacións políticas, tanto neste 2025 como despois das eleccións, para chegar a un acordo e cambiar o goberno municipal de Viana
  comenta   0
Nove entroidos están declarados de interese galego. Chantada acolle este domingo unha reunión de entroidos lucenses e ourensáns.
  comenta   0
A canadiana IberAmerican Lithium, propietaria dos xacementos de Avión e Viana do Bolo, en Ourense, asegura que hai un "cinto" deste material entre Ourense e o norte de Portugal.
  comenta   0
"Para o traballo do campo en xeral si que che fai falta un mínimo de forza física... eu, en lugar de usar sachos grandes e pesados, busco ferramentas que se adapten mellor á miña man e ao meu corpo". "Ao final non se trataba tanto de ter forza física, senón de pensar", chancea Raquel, que a día de hoxe presenta un viño natural dende o 2016, elaborado sen tratamentos químicos.
  comenta   0
Por número de incidencias detectadas nos últimos cinco anos serían O Pereiro, na Mezquita; Cures, en Boiro; e O Tameirón, na Gudiña. Por número de hectáreas arrasadas na última década serían Camba, en Laza; A Xironda, en Cualedro; e Mourentán, en Arbo.
  comenta   0
Tamén este mércores accidente múltiple en Narón que se salda cunha persoa trasladada a un centro hospitalario.
  comenta   0
A mina de Penouta ten gran importancia na economía da comarca de Viana do Bolo, posto que dela dependen directamente un total de 129 familias, así como empresas auxiliares e de servizos, polo que os sindicatos "estiman que se crean ata tres postos indirectos por cada traballador da explotación".
  comenta   0
Empregando a técnica coñecida como 'vishing', na que as vítimas reciben mensaxes ao seu teléfono móbil nas que se lles require o abono de diñeiro.
  comenta   0
Nesta cita, organizada por 'Ourense Rural é Vida' e celebrada en San Xoán de Río, centraron o debate os problemas de vivenda e mobilidade. “Está Ourense preparada para atraer o novo movemento ruralista?”, foi o título que deu pé á controversia.
  comenta   0
A Mesa sola Normalización Lingüística tamén reprocha que Facenda busque "impor nomes deturpados" nos seus emails electrónicos.
  comenta   0
Terase en conta o interese etnolóxico, a función social e a riqueza cultural e patrimonial desta celebració.
  comenta   0
A empresa anunciou que interporá recurso de casación ante o Supremo, "por entender que vulnera normas esenciais de carácter procesual e substantivo".
  comenta   0
O TSXG subliña, fronte aos seus recursos, que a resolución de setembro "é conforme a dereito e cumpre totalmente cos requisitos esixidos" para adoptar a medida cautelar.
  comenta   0
Segundo un comunicado a paralización da actividade afectaría a máis de cen familias e a empresas auxiliares.
  comenta   0
O TSXG suspendeu de forma inmediata e incondicionada a resolución da Xunta que aprobou o proxecto de explotación e o plan de restauración da concesión dunha sección da mina da Penouta, a única mina de coltán de toda Europa.
  comenta   0
As accións enmárcanse no Plan Cuadrienal de Memoria Democrática en Galicia 2023 liderado por un equipo interdisciplinario da USC que pescuda sobre o pasado da violencia durante o réxime de Franco en Galicia.
  comenta   0
Lembrou que é un proxecto "estratéxico" xa que a escaseza de produción primaria de estaño, tantalio e niobio en Europa permite situar a Galicia no mapa internacional, xa que actualmente esta mina é a única mina en produción de tantalio e niobio de Europa, metais clave para as novas economías verdes e dixitais.
  comenta   0
O plan do equipo enfócase á fosa de Santa María de Pradocabalos (Viana do Bolo) e aos cemiterios de San Salvador de Trasanquelos (Oza-Cesuras) e de Santa María do Val (Narón).
  comenta   0
a institución solicitou formalmente á Xunta de Galicia a cesión dun espazo para o seu uso como sede provisional en Valdeorras, en concreto, na Casa Grande de Viloira.
  comenta   0
En Vilamartín de Valdeorras xa chegan aos 35,3 graos ás 13.10 horas, e son 34,6 os que marcan os termómetros en Ribas de Sil a esa mesma hora. Larouco rexistra unha temperatura de 33,9 graos e Viana do Bolo, na mesma provincia, 33,5. Pola súa banda, Sarria, en Lugo, situaba o mercurio nos 33,4 graos ás 13.00 horas.
  comenta   0