Accidente de tráfico con fatal desenlace en Viana do Bolo: falece un home e unha muller logra saír do coche envorcado

Tivo lugar na OU-533 ao redor das 11.45 horas.

Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 31/10/2024 | Actualizada ás 14:10

Comparte esta noticia

Un home faleceu ao saírse da vía co vehículo no que viaxaba na OU-533, á altura do punto quilométrico 17-18 en Viana do Bolo. Segundo informou o CIAE 112 Galicia, o suceso tivo lugar sobre as 11.45 horas da mañá e foi necesario empregar o material de excarceración para liberar á vítima mortal do interior do vehículo.

O 112 explicou que recibiu a alerta dun particular, que informaba de que o turismo se atopaba envorcado e cos ocupantes aínda no interior. Posteriormente, informou de que unha muller que viaxaba no vehículo puidera saír do mesmo, pero que o outro ocupante, un home, estaba atrapado.

De maneira inmediata, pasouse aviso ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos membros do GES da Gudiña, aos axentes da Garda Civil e da Policía Local e aos efectivos de Protección Civil da localidade. Tras confirmar que o home que estaba atrapado no interior estaba falecido, os equipos de emerxencias procederon coas tarefas de excarceración.

Axente da Garda Civil de Tráfico
Axente da Garda Civil de Tráfico | Fonte: GARDA CIVIL - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta