Dous sindicalistas de Naval Xixón na cadea

Dous dirixentes da Corriente Sindical de Esquerdas (CSI) foron detidos o sábado. A causa é a súa suposta participación na ruptura dunha cámara municipal de tráfico durante as protestas contra do peche do estaleiro Naval Xixón. Así foi probado en primeira instancia grazas a testemuña dun policía infiltrado e a raíz dunha denuncia do concello.

Por Galicia Confidencial | Galicia | 17/06/2007 | Actualizada ás 21:02

Comparte esta noticia

A testemuña clave do caso é un policía, que se infiltrou e participou nas mobilizacións da Corriente en 2004 e 2005, segundo denunciou o sindicato e xa contamos aquí.

Os traballadores protestaban contra o desmantelamento de Naval Xixón, en primeira liña de costa do centro de Xixón. A especulación urbanística é a causa, segundo a CSI, de que as administracións non apoien un plan de viabilidade.

Malia que o fallo non é firme, Cándido e Morala están entre reixas dende o sábado. Xusto tras a detención, montáronse concentracións de protesta que chegaron á porta da comisaría e acabaron con carga policial e varios feridos. O movemento cidadán na súa defensa segue a organizar protestas, incluída unha posíbel folga xeral en Xixón.

A última hora deste conflito, que deu pé ao filme Os luns ó Sol, pódese seguir en Glayiu. Tamén no Youtube pode verse a orixe dos feitos e en Google a voladura da cámara no vídeo aportado pola Policía no xuízo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 15 comentarios

15 Oscar

Un momentiño, french_connection.
Que unha cervexa pase de valer 0.85€ a 1€ non é especulación. É o valor do traballo de comercialización. Hai unha riqueza real. En aínda que fose especulación, tampouco sería tan grave.
Outra cousa é como lle aconteceu a un amigo de meu pai, que adquiriu un chalé en Marbella por 11 millóns de pesetas (66000€)en 1995 e en 2005 vendeuno a úns constructores que llo compraron por un millón de euros (15 veces o seu valor inicial en dez anos).
Especulación non é producción de riqueza real, por iso é tan mala para a economía. Non se pode vivir eternamente da especulación. Non é cousa do capitalismo, é unha anormalidade que cómpre corrixir. Non o digo eu, o di o BCE, que diu a España unha advertencia moi clara sobre este asunto.
Ti pensas que a especulación é boa porque en Francia non é un problema tan grave; ben polo teu pais.

14 french_conection

Brindo por tu opinión y estoy totalmente de acuerdo contigo en ese aspecto Anxo.

Un saludo

13 anxo

se sigo leendo dame medo, de verdade, en este século, con esta sociedade en continuo progreso e ller comentarios propios de hai mais de 50 anos da medo, pero o integrismo cúrase cos anos e se non se cura xurden os marxinales e ten que habelos, pero que non metan medo

12 o moinante

A propiedade é um roubo. Com esta expressom remata um dos seus livros o anarquista Proudom. É obvio, que se refire a propiedade dos bens de produçom nom de consumo. Tes que estudar, jesusinho de Asnar.

11 Jesús

Pintada leída en Ribadeo esta Semana Santa:
"LA PROPIEDAD ES UN ROBO" ¿seria o moinante su autor?.

Si hubiese tenido un spray a mano añadiría:
"LA PROPIEDAD de los demás ES UN ROBO"