Por Galicia Confidencial | Galicia | 17/06/2007 | Actualizada ás 21:02
A testemuña clave do caso é un policía, que se infiltrou e participou nas mobilizacións da Corriente en 2004 e 2005, segundo denunciou o sindicato e xa contamos aquí.
Os traballadores protestaban contra o desmantelamento de Naval Xixón, en primeira liña de costa do centro de Xixón. A especulación urbanística é a causa, segundo a CSI, de que as administracións non apoien un plan de viabilidade.
Malia que o fallo non é firme, Cándido e Morala están entre reixas dende o sábado. Xusto tras a detención, montáronse concentracións de protesta que chegaron á porta da comisaría e acabaron con carga policial e varios feridos. O movemento cidadán na súa defensa segue a organizar protestas, incluída unha posíbel folga xeral en Xixón.
A última hora deste conflito, que deu pé ao filme Os luns ó Sol, pódese seguir en Glayiu. Tamén no Youtube pode verse a orixe dos feitos e en Google a voladura da cámara no vídeo aportado pola Policía no xuízo.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.