Pontevedra retirará o Marqués de Valterra do rueiro e quitará honras a catro dirixentes da ditadura

O goberno local confía en que "ningún membro da Corporación se opoña" a retirar estes nomes "que supoñen dor" e "represión"

Por Europa Press / Redacción | Pontevedra | 31/01/2022 | Actualizada ás 20:03

Comparte esta noticia

O goberno local de Pontevedra levará a unha próxima comisión de cultura unha proposta para retirar o Marqués de Valterra do rueiro da cidade, así como para quitar títulos honoríficos aos militares franquistas Salvador Moreno, Fermín Gutiérrez Soto e Ángel Ramírez de Cartagena y Marcaida, e ao exministro durante a ditadura Gonzalo Fernández de la Mora y Mon.

Avenida Marqués de Valterra, en Pontevedra.
Avenida Marqués de Valterra, en Pontevedra. | Fonte: Goog

Esta decisión chega despois dunha reunión que mantiveron a semana pasada a portavoz do goberno municipal, Anabel Gulías, o concelleiro de Patrimonio Histórico, Xaquín Moreda, a edila de Patrimonio Municipal, Carme da Silva, e entidades e persoas vinculadas á memoria histórica.

O propósito daquel encontro, que se volverá repetir proximamente, segundo informa o Concello, é o de "continuar limpando os rueiros da cidade da pegada franquista e recuperar a dignidade" cun traballo de investigación "man a man" coas asociacións.

Este luns, durante a rolda de prensa posterior á xunta de goberno local, Gulías informou de que xa se tomou a decisión de retirar o nome á avenida Marqués de Valterra --situada no barrio de Estribela-- e substituíla por outro que aínda está por concretar.

Así mesmo, durante a reunión da semana pasada acordouse tamén iniciar a revisión de nomeamentos dos fillos adoptivos e predilectos da cidade de Pontevedra e as medallas de ouro e prata da cidade, co propósito de "borrar da memoria colectiva eses nomes".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta